Escoitar

O Barrio do Cura avanza coa aprobación da ampliación das rúas Llorente, Santa Marta e Pi y Margall

O Consello da Xerencia dará luz verde na próxima reunión á aceptación do ámbito de normalización de fincas no solo urbano consolidado no Barrio do Cura, que permitirá anchear o espazo destas tres rúas e ampliar as beirarrúas.

luns, 6 xuñ 2022
O alcalde e a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, nunha visita xunto ao arquitecto da obra este mes de maio
O alcalde e a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, nunha visita xunto ao arquitecto da obra este mes de maio

A actuación que avanzou o alcalde supón un paso máis para que vexa a luz o proxecto do Barrio do Cura, tal e como estaba previsto na materialización do ámbito.

Así, quedan definidas as novas parcelas para dar lugar ás novas edificación en ámbito de solo urbano consolidado e, por mor desta reordenación das fincas, mudan as aliñacións das frontes das rúas de xeito que se amplían os viarios das rúas Llorente, Santa Marta e Pi y Margall en 730-740 metros cadrados, o que permitirá dar “maior confort aos automóbiles e aos viandantes”.

Caballero salientou que no Barrio do Cura haberá unha “cantidade moi importante de solo dotacional, zonas verdes, aparcamento público ou unha nova escola infantil” para uso de toda a cidade.

Descargar todas as imaxes