Escoitar

O Concello celebra o Día do Medio Ambiente co alumnado do Vicente Risco e o Frián Teis

O goberno dirixido por Abel Caballero programou este venres unha xornada lúdica e formativa para escolares de 5º e 6º de Primaria de ambos centros, para conciencialos da necesidade de reducir e reciclar os residuos. O alcalde achegouse ata o faro litoral da Guía para participar na charla.

venres, 3 xuñ 2022
Abel Caballero, este venres, durante a súa charla co alumnado.
Abel Caballero, este venres, durante a súa charla co alumnado.

O Concello adiantouse á efeméride do 5 de xuño e organizou este venres actividades de sensibilización con alumnado de 5º e 6º de Primaria dos colexios Frián Teis e Vicente Risco. O lema da conmemoración deste 2022 é “Unha soa terra”, segundo explicou Caballero en rolda de prensa, un ano especial por cumprirse medio século da designación do Día Mundial do Medio Ambiente pola ONU.

As accións municipais para os escolares procuran trasladar valores ambientais, en particular, tal e como anotou o alcalde, sobre a recollida dos aceites domésticos e da reciclaxe dos plásticos. O Concello contou coa colaboración da Asociación Profesional de Emprsas Medioambientais de Galicia.

Coa xornada, o goberno de Vigo pretende concienciar aos escolares da importancia de conectarse coa natureza e cos problemas ambientais, ademais de achegarse á economía circular e á redución de residuos. Ademais das actividades, o alumnado cooperou cos voluntarios municipais na substitución das especies invasoras como a acacia por arborado autóctono como o carballo.

Abel Caballero, este venres, durante a súa charla co alumnado.
Descargar todas as imaxes