Escoitar

O goberno local adica 335.000 euros ás axudas para a creación de empresas

O orzamento medra máis de 100.000 euros con respecto ao ano anterior. As axudas, para empresas constituídas entre abril de 2021 e o 31 de marzo de 2022, poden solicitarse ata o 5 de agosto.

venres, 3 xuñ 2022

Abel Caballero deu conta das bases reguladoras da convocatoria das axudas municipais á creación de empresas do ano 2022. A Xunta de Goberno aprobou unha partida de 335.000 euros, o que, segundo manifestou o alcalde, serán máis de 100 subvencións.

As axudas teñen a finalidade de apoiar aos novos emprendedores nos gastos que supón por en marcha unha empresa. A contía máxima é de 3.000 euros por solicitude. O prazo de presentación da documentación estará aberto o 5 de agosto e as bases reguladoras poden consultarse no BOP. As axudas están dirixidas aos negocios constituídos entre abril de 2021 e o 31 de marzo de 2022.

“Queremos colaborar de xeito activo á creación de emprego, apoiando novos proxectos empresariais e contribuír á dinamización da actividade empresarial e o emprego”, afirmou o rexedor.

Foro Emprego

A Xunta de Goberno tamén aprobou o convenio coa Universidade de Vigo para o financiamento do IV Foro de Emprego da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais cun importe de case 10.000 euros.

Doazón Revista NÓS

Caballero anunciou a doazón dunha edición recopilada completa da Revista NÓS ao Concello. Son 6 tomos e 6 apéndices da edición facsímil do ano 1979. O arquivo procederá á súa catalogación e incorporaranse aos fondos da Biblioteca Pública García Barbón / EMAO.

Descargar todas as imaxes