Escoitar

Vigo recorda a Isaura Abelairas cunha placa homenaxe en Alcabre

O alcalde e Carmela Silva participaron na praia de Alcabre este venres na descuberta dunha placa en recordo de quen fora concelleira do Goberno de Vigo, ao cumprirse un ano do seu falecemento. Na placa pode lerse: “En memoria de Isaura Abelairas; mestra, política e feminista, que tantos paseos deu por esta praia e tantas veces se sentou aquí a pensar... Estás sempre no noso corazón, só a un pensamento de distancia. Infinita Isaura 1951-2021”. No acto estivo presente a filla da homeaxeda, Xela Rodríguez Abelairas, ademais de outros familiares e amigos.

venres, 3 xuñ 2022
Descargar todas as imaxes