venres, 10 xuñ 2022
O Concello segue avanzando na tramitación das bolsas de inglés e a semana que vén recibirá luz verde a listaxe do alumnado que non puido viaxar en 2021 por razóns de pandemia. Serán 814 estudantes os beneficiados, todos os que cumprían os requisitos da convocatoria.
venres, 10 xuñ 2022
A Xunta de Goberno local deu luz verde un convenio de colaboración con Vida Digna por valor de 180.000 euros para catro anos. O Concello adica anualmente case 340.000 euros a apoiar a labor dos comedores sociais de Vigo.
venres, 10 xuñ 2022
A Escola Municipal de Artes e Oficios manterá aberto o período de inscrición ata o 7 de setembro para acceder a calquera das 183 prazas vacantes nos niveis básicos e de iniciación. Cun orzamento de 1,2 millóns anuais, conta con 500 alumnos aproximadamente que reciben a súa formación de balde.
venres, 10 xuñ 2022
Abel Caballero explicou que este venres se pecha o prazo para solicitar ao Concello a organización das cacharelas na noite do 23 de xuño, rexistrando máis dunha vintena. O alcalde confiou na recuperación este ano da tradición festiva de San Xoan, logo da irrupción da pandemia.