Volve o Casablanca Weekend Festival os dous próximos fins de semana
O festival celebra a súa II edición os días 10, 11 e 18, 19 de xuño no que haberá eventos musicais e actividades nas nos locais das rúas do barrio.
O barrio de Casablanca retoma o Casablanca Weekend Festival os días 10, 10 e 18 e 19 de xuño. Trátase da segunda edición deste evento no que haberá diferentes eventos musicais e actividades nos locais das rúas do barrio e que ten por obxectivo dinamizar a zona.
Venres 10 de xuño:
- Na terraza do Corte Inglés actuarán ás 20 horas Os Irmáns Cunha.
- A partir das 22.00h. no Acuario (Rúa Pizarro,35) actuarán en acústico Eladio e os seres queridos
Sábado 11 de xuño:
- Na Librería Versus (Rúa Venezuela, 80) en sesión vermú a partir das 12.30: Escolma Aberta (presentación do libro disco)
- A partir das 22.00h. no Acuario (Rúa Pizarro,35) actuará o grupo vigués: Os Naipes
Sábado 18 de xuño:
- A partir das 22.00 hrs. no Acuario actuará: José María Guzmán (unha lenda da música española, cunha ampla bagaxe ás súas costas e experiencias en grupos como Cadillac ou Cánovas, Rodrigo, Adolfo e Guzmán)
Domingo 19 de xuño:
- No Garaxe Casablanca (Rúa Venezuela, 82) e por primeira vez nun recinto de tales características, a partir das 19.30h, proxección da película Nosferatu, cuxa banda sonora será interpretada en directo polo grupo Caspervek. Será unha experiencia pioneira e inesquecible en pleno corazón de Vigo, ao alcance do aforo limitado para 120 persoas.
As entradas para os concertos, poderanse adquirir no Acuario, sendo o prezo de 8€ anticipada e 10€ en despacho de billetes. Para a proxección de Nosferatu unicamente poderanse adquirir por 5€ en Libraría Versus. Os Irmáns Cunha e a presentación do libro disco Escolma Aberta serán de balde.