O Concello adicará a dotación pública a antiga Casa dos Labradores logo de adquirila por 177.000 euros
O goberno local converterá nun espazo dotacional público a antiga Casa dos Labradores, deseñada por Gómez Román e situada en Ramón Nieto, 58. Con ese obxectivo acaba de adquirir o devandito inmoble por 177.000 euros.
A Xerencia de Urbanismo aprobou esta mañá foi a oferta para a adquisición dun inmoble situado na avenida Ramón Nieto, 58 para a súa incorporación ao Patrimonio público do solo (PPS). Tal e como sinalou Caballero, a Casa dos Labradores, é un edifico de Gómez Román, catalogado e de gran valor arquitectónico que pasará a ter función de equipamento dotacional, nunha zona da cidade na que fan falta máis espazos públicos. O Concello investirá 177.000 euros na compra deste edificio, propiedade da Cooperativa do Campo de Santa Cristina.
A Xerencia de Urbanismo, así mesmo, deu luz verde aos pregos e á licitación das obras de execución subsidiaria para a consolidación dun talude no Pazo de San Roque, á altura do número 8 da rúa Filipinas. Este talude está apuntalado por risco de derrubamento e o Concello tomou a decisión de solucionar os problemas de seguridade ante a demora do propietario, ao que se lle repercutirá o custo total das obras. O orzamento de licitación é de 109.403,49 euros e o prazo de execución ronda os dous meses.