Escoitar

Xuventude entregou a Daniel Gómez o premio do concurso de fotografía con móbil "Inter Rail 2010" sobre deportes urbanos

O Punto Xove da Concellería de Xuventude acolleu o pasado mércores a entrega do premio ao gañador do concurso de fotografía de móbil "Inter Rail 2010", Daniel Gómez Flores pola súa fotografía titulada "Embustero y bailarín". O gañador foi agasallado con dous billetes Inter Rail na modalidade "Global Pass Flexi", que xunto á persoa que elixa lle permitirá percorrer en tren diferentes países europeos.

venres, 25 xuñ 2010
Ademais da entrega do premio ao gañador, a Concellería de Xuventude tamén fixo entrega de accesits a outros tres mozos, aos que se lles valorou as fotografías presentadas. Así, resultaron premiados Rubén Estévez Seara, pola súa fotografía "Baila co olivo"; Juan Bernardo Betancourt, pola imaxe "Not Fear" e Damián Iglesias Fernández, con "Subiéndose por las paredes".

Un total de 12 participantes presentaron as súas fotos ao concurso "Inter Rail 2010", organizado a través dun convenio con Renfe, e centrado na temática de deportes urbanos, como skate, break ou parkour.