Escoitar

O alcalde confirma que o plan de Moneo para a Praza do Rei "segue adiante" e "sen custo para a cidadanía"

Abel Caballero, requerido polos medios de comunicación, afirmou este venres que o proxecto do arquitecto Rafael Moneo para a Praza do Rei "segue adiante" e actualmente estanse a preparar os pregos económico e xurídico para o concurso administrativo. O plan, recordou o alcalde, "é viable e sen custe para a cidadanía". Caballero informou tamén da aprobación dun gasto de 345.000 euros para arranxos no edificio do Concello.

venres, 25 xuñ 2010
1277468923moneo.JPG
Rafael Moneo, nunha visita anterior á cidade de Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o plan arquitectónico de Rafael Moneo para a Praza do Rei "segue adiante" e recordou que "é viable e sen custo para a cidadanía".

Así o explicou Caballero preguntado polos medios de comunicación ao respecto, tras o que manifestou confiar "en que sigamos avanzando" e informou que actualmente estanse a redactar os pregos económico e xurídico para o concurso administrativo.

O alcalde recordou que trátase dun proxecto "complexo" pero, no tocante ao económico, "viable e sen custe para a cidadanía". "É un gran proxecto e segue adiante, goza de moi boa saúde", concluíu.

345.000 euros
Abel Caballero informou asemade da aprobación dun gasto municipal de 343.751 euros para diversos arranxos no edificio municipal, como a reparación de entradas de auga, pingueiras, selados e reparacións de distintos forxados.

"O estado de deterioro no que atópase o edificio é xa imparable" e recordou o "continuo goteo de gastos" derivados de reformas necesarias no Concello para manter a casa consistorial en "malas condicións de habitabilidade".
Descargar todas as imaxes