Escoitar

Plenos da Corporación Municipal

venres, 25 xuñ 2010
Primeiro Pleno
ÚNICO.- Informe anual da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións sobre o funcionamento da Administración Municipal e Informe do Valedor do Cidadán correspondente ó ano 2009.

Segundo Pleno
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día .28 de xuño de 2010, logo da sesión extraordinaria a realizar na mesma data no salón de Plenos deste Concello.

1.- Acta anterior. (Núm. 8. Ses. Ext. Urx. 25-03-2010).

ALCALDÍA
2.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

3.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

4.- Dar conta de resolución de delegación de funcións da Alcaldía.

5.- Dar conta de resolución de data 21-06-2010 de modificación delegacións tráfico.

XESTIÓN MUNICIPAL
6.- Modificación de crédito nº 58/2010 (crédito extraordinario). Expte. 34311/212.

7.- Rectificación Inventario Municipal Viais, camiño Baixada ó Castelo R-1. Expte. 51966/250.

8.- Resolución convocatoria cargos presidente e secretario Tribunal Económico-Administrativo.

CULTURA, INDUSTRIA, TURISMO E PATRIMONIO HISTÓRICO
9.- Cambio denominación de parte do camiño Fontáns. Modificación Expte. 12091/331.

10.- Denominación rúa co nome "Pedregal". Modificación Expte. 2099234.

URBANISMO
11.- Aprobación definitiva do Estudio de Detalla de ordenación de volumes- parcela rúa Panamá 12-14. Expte. 12208/411.

12.- Modificación ordenanza municipal reguladora das axudas á rehabilitación de vivendas nos barrios históricos. Expte. 4449/407.

13.- Adopción de medidas para axilización e mellora da tramitación e xestión administrativa na Xerencia Municipal de Urbanismo. Expte. 4486/4070

MOCIÓNS
14.- Moción do Grupo Municipal do BNG instando a propoñer á Xunta de Galicia e á Autoridade Portuaria acordo para o soterramento do tráfico rodado fronte á fachada do Berbés. Doc. 10084349.

15.- Moción do Grupo Municipal Socialista para que se condene o ataque de Israel á flotilla que se dirixía a Gaza.

16.- Moción do Grupo Municipal Socialista sobre os criterios de valoración e reparto dos Programas de Cooperación.

17.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular solicitando se inste ó Goberno da Nación deixar sen efecto a suba dos tipos impositivos do IVE. Doc. 100049079.

18.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular solicitando a apertura das piscinas de Samil o máis axiña posible. Doc. 100084259.

19.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular solicitando a elaboración dun plan de axuste do gasto corrente e a creación da comisión de control orzamentario. Doc. 100070670.

20.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular solicitando transparencia na xestión e na adxudicación de axudas en materia de Participación Cidadá. Doc. 100084260.

21.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular solicitando se inste ó Goberno da Nación a eliminación das medidas previstas para a supresión da revalorización das pensións contributivas. Doc. 100070680.

22.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular solicitando que o goberno acometa as obras de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da rúa Montecelo. Doc. 100084264.


23.- Rogos e preguntas.