Abel Caballero e Antón Louro sinalan que o descenso dos delitos ratifican que "Vigo é unha cidade segura"
Hoxe xoves celebrouse unha Xunta de Seguridade na que participaron o alcalde de Vigo e o delegado do Goberno en Galicia e constatouse unha melloría dos indicadores de delincuencia con respecto ao pasado ano 2009, que sitúa a Vigo por debaixo da media de España e Europa. Louro informou que a tasa de criminalidade viguesa está dez puntos por debaixo da media estatal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, afirmaron este xoves que o descenso experimentado nos niveis de delincuencia evidencian que "Vigo é unha cidade segura".
En declaracións aos medios posteriores á reunión da Xunta de Seguridade, Caballero e Louro subliñaron a "coordinación e eficacia" dos corpos de seguridade nacional e local que operan en Vigo, que fixeron posible a melloría nos indicadores de seguridade vigueses.
"O conxunto de indicadores evidencia de xeito obxectivo que Vigo é unha cidade enormemente segura", aseverou o delegado do Goberno, quen apuntou que a taxa de criminalidade viguesa é de 35,5 infraccións por cada 1.000 habitantes, dez puntos por debaixo da media estatal.
Antón Louro apuntou que, no que vai de ano 2010, reducíronse nun 7,3 por cento as infraccións penais na cidade, e delas, baixaron un 19,8 por cento os delitos, mentres que houbo un pequeno repunte nas faltas.
Os delitos contra a vida e a integridade das persoas tamén experimentaron un leve descenso e pasaron do 2,61 en 2008 a 2,58 por cento en 2009. Do mesmo xeito, descenderon os delitos contra o patrimonio, e sitúanse nun 12,3 por cento.
Abel Caballero felicitou aos efectivos policiais polo seu traballo en Vigo, que permite que "a seguridade vaia progresivamente mellor". Antón Louro, pola súa banda, recordou que "para o Goberno de España, a seguridade é unha política prioritaria" e ten o seu reflexo nun incremento en cinco anos do 20% nos efectivos da Policía Nacional que traballan en Vigo e tamén na construcción da nova comisaría, cun investimento de 17 millóns de euros e 15.000 metros cadrados de superficie.
Descargar todas as imaxes