O Concello autoriza 18 fogueiras na noite de San Xoán que cumpren todas as garantías de seguridade
A Concellería de Seguridade que dirixe o socialista Xulio Calviño recibíu un total de 20 solicitudes, das que dúas foron rexeitadas -na Avenida do Aeroporto e na Espedrigada- por non cumprir coa requisitos solicitados. Deste xeito, en 2010 Vigo sumará unha fogueira xa que o pasado ano as solicitudes ascenderon a 21 e 17 cumpriron todos os requisitos.
A Concellería de Seguridade autorizou 18 solicitudes para organizar fogueiras nesta noite de San Xoán dun total de 20 que solicitaron permiso. As previstas na Avenida do Aeroporto e na Espedrigada foron denegadas ao non cumprir os requisitos legais estipulados.
O servizo municipal de Bombeiros, dependente da Concellería de Seguridade que dirixe o socialista Xulio Calviño, leva varios días estudiando e inspeccionando as solicitudes antes de validalas, para garantir a máxima seguridade da cidadanía.
Tras esta labor municipal, o Concello procedeu a autorizar as que se localizarán no Monte da Mina, na Explanada exterior do CM Outeiro, Freixo San Xoán de Valadares, Avenida Santa Marina, Alameda de Matamá, Torreiro da AAVV A nosa Terra, finca anexa ao centro da AAVV San Mamede de Zamáns, Coruxo, Devesa-Candeán, AAVV San Xurxo, AAVV Val do Fragoso, Aero Club de Vigo, Centro Socio, a da Sociedade C. Nautilus, a dos Hermanos Misioneros dos Hermanos Pobres, a da AAVV As Fontes, a da Praza do Berbés e a da AAVV Dr José Casas de Bouzas.
Segundo recolle o bando municipal, as fogueiras debían estar rematadas dous días antes da queima, para que o servizo de bombeiros poidera levar a cabo a inspección e control das mesmas e cerciorarse de que se cumpre coa normativa municipal.
O volume do material combustible das fogueiras non pode superar os 8 metros de diámetro nin os tres metros de altura. Igualmente, a separación destas cos elementros urbanos (árbores, edificios, etc) debe ser dun mínimo de 12 metros, coidando especialmente a proximidade con elementos combustibles, parques forestais e tendidos eléctricos.
O Concello de Vigo tamén prohibe o emprego de materiais para queima que desprendan fumes tóxicos, líquidos inflamábiles ou sprais. Para protexer o patrimonio arquitectónico e paisaxístico, Seguridade non autorizará fogueiras en praias ou nas cercanías a edificios catalogados.
Ademáis os solicitantes deben subscribir un seguro de responsabilidade civil e encargarse de que as fogueiras non danen o pavimento, para o que este protexerase cunha capa de area de 10 cm. O pasado ano as solicitudes ascenderon a 21 das que 17 cumpriron todos os requisitos.
Descargar todas as imaxes