O Goberno Local salienta a súa "eficacia" na "transformación da cidade" nestes tres anos e márcase como obxectivo "facer fronte" á crise
O goberno de Vigo fixo este mércores balance da actuación municipal nos tres primeiros anos de mandato, un repaso no que alcalde e tenente de alcalde salientaron a "transformación" experimentada pola cidade e marcáronse como reto para o ano que resta de goberno ata os comicios continuar traballando contra os efectos da crise económica en Vigo.
O goberno local presentou este mércores o balance da actuación municipal nos tres primeiros anos de mandato, definido pola "transformación da cidade" e co obxectivo para o ano restante de atallar os efectos da crise económica en Vigo.
O alcalde, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, defenderon no acto a acción municipal para mellorar a "calidade de vida" da cidadanía, para modernizar a cidade desde un "único e unido goberno". Os líderes do PSdeG e do BNG salientaron o "traballo para a xente" como o eixo da actividade realizada, que pontenciarase nos próximos 12 meses para atender aos damnificados pola crise.
Nunha presentación pública no renovado auditorio municipal ante representantes veciñais, empresariais e sindicais, os máximos responsables do goberno defenderon a mellora experimentada pola cidade no benestar social, na igualdade, nas políticas educativas, culturais e deportivas, na recuperación "da nosa identidade" co patrimonio histórico vigués e na potenciación do turismo.
O goberno tamén subliñou a "gran transformación" que supuxeron as 207 rúas humanizadas ata o momento tanto no centro como en todas as parroquias, o incremento nas prazas de aparcamento, os máis de 100 parques remodelados ou novos, as novas pistas deportivas, os case mil bancos instalados e os 336.000 metros cadrados de novas zonas verdes -equivalente a 30 campos de fútbol-.
O balance do equipo executivo municipal salientou asemade a aprobación e desenvolvemento no Plan Xeral de Vigo e as "finanzas saneadas" que presenta o Concello, que reducíu nunha terceira parte a débeda municipal nestes tres anos ata convertirse na gran cidade menos endebedada en réxime común de España. O apoio ao emprego, ás empresas e aos sectores estratéxicos centraron igualmente a presentación, con cifras que detallan 8.297 postos de traballo creados polo Concello e a xeración de 185 empresas.
A última parte do repaso municipal centrouse nas demandas históricas da cidade, entre as que se citaron o AVE directo por Cerdedo e non por Santiago, a Alta Velocidade con A Coruña para 2012, a entrada ferroviaria en túnel e as novas estacións de Guixar -en construción- e da Urzáiz -que será derrubada a actual en seis meses-.
Ademais o goberno recordou que os proxectos das novas autovías a Porriño e Pontevedra xa están adxudicados e a ampliación da Ponte de Rande dará comezo en marzo de 2011. Outras demandas citadas foron a apertura da ETEA a cidadanía, a consecución do Xulgado e do Rexistro Mercantil, a Pinacoteca, as infraestruturas deportivas para Navia, a Biblioteca do Estado e o Auditorio de Beiramar.
O goberno local pechou a intervención cualificando a acción municipal como "tres anos de goberno, de estabilidade e de garantías", e agradecendo a "cooperación permanente" da cidadanía viguesa na "transformación" da cidade.
Descargar todas as imaxes