O Planeta Vigo será bautizado oficialmente na celebración do Bicentenario da cidade
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes que o bautismo oficial deste planeta menor terá lugar en setembro ou outono, no marco da celebración dos actos do Bicentenario. O rexedor reuniuse hoxe co descubridor do asteroide, Ignacio Ferrín, que deulle o nome da cidade olívica en honor a súa cidade natal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse hoxe martes co físico Ignacio Ferrín, descubridor do asteroide Vigo, un planeta menor de 5 kilómetros de diámetro descuberto no ano 2003 e rexistrado no 2009 pero que será bautizado no mes de setembro ou outubro no marco de celebración do Bicentenario da cidade.
Así o anuncio o alcalde tras entrevistarse co científico acreditado, profesor de Física na Universidade dos Andes e que decidiu poñer ao asteroide o nome da súa cidade natal. Caballero explicou que o matemático e físico estableceu un sistema de observación para a detección de planetas non ubicados; "un sistema que consiste en fotos correlativas con tempos de diferencia cos obxectivos fixos para detectar masas sólidas que circulan en torno ao sol e que contrastan qué é o que, segundo a cartografía do sistema solar, ten que haber nese sitio a esa hora".
Tal e como asegurou Abel Caballero ata o de agora tan so hai un planeta co nome dunha cidade española, Barcelona, descuberto a mediados do século pasado. Polo tanto Vigo será o segundo asteroide con nome de cidade que consta na lista de planetas menores da Unión Astronómica Internacional.
O planeta é, segundo o seu descubridor, sólido coma unha roca e está ubicado entre Marte e Júpiter e forma parte dun grupo de nove asteroides atopados polo astrónomo e o seu colaborador Carlos Leal.
Tamén na reunión se propuxo que o investigador entre en contacto coa Universidade de Vigo para levar adiante canles de cooperación susceptibles de intercambios científica.
Descargar todas as imaxes