Escoitar

Caballero entregou diplomas de excelencia académica ao alumnado do Conservatorio Superior de Música de Vigo

O alcalde de Vigo fixo este luns entrega de sendas diplomas acreditativos de bolsas municipais de axuda aos mellores expedientes do Conservatorio Superior de Música de Vigo, censados en Vigo, por valor total de 3.000 euros. O Concello concede sete achegas en tres modalidades: alumno individual, conxunto de música de cámara e mellor traballo de investigación.

luns, 21 xuñ 2010
1277123974conservatorio.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo hoxe luns entrega de diplomas de excelencia académica aos mellores expedientes do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

O alcalde entregou as acreditacións a estudantes censados na cidade, un total de sete galardóns, que conlevan bolsas de axuda económica que ofrece o Concello por un valor total de 3.000 euros.

As sete achegas económicas, entregadas por orde de puntuación, déronse en tres modalidades distintas: alumno individual, conxunto de música de cámara e mellora traballo de investigación.
Descargar todas as imaxes