Escoitar

Inaugurado o remodelado Paseo de A Guía como un auténtico mirador ao mar

A ministra de Medioambiente, Elena Espinosa, estivo o pasado sábado, 19 de xuño, en Vigo para inaugurar as obras de rehabilitación do borde marítimo do Monte da Guía acompañado polo delegado do Goberno, Antón Louro, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, entre outras autoridades.

luns, 21 xuñ 2010
1277124065paseo.JPG
A Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, inaugurou o pasado sábado as obras de rehabilitación do borde marítimo do monte vigués de A Guía. Acompañada polo delegado do Goberno, Antón Louro e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, realizaron un percorrido por un paseo que é xa un referente da zona e que convertíuse nun auténtico mirador ao mar.

Segundo explicou Espinosa o Ministerio investiu máis de 1,4 millóns de euros neste proxecto que permitiu a remodelación e o acondicionamento do litoral do monte para uso e disfrute dos usuarios da zona. A principal actuación, segundo relatou, foi a adecuación dunha franxa de paseo peonil de 712 metros de lonxitude e 3 metros de ancho, axustada no posible ao trazado do camiño existente que vai dende o actual paseo ata a zona do recheo da Lagoa.

A socialista lembrou a súa especial vinculación a Teis para destacar que estas obras son exemplos dos que o Ministerio quere levar adiante. "Modelos para coidar o noso patrimonio natural, esforzos que xa estamos facendo e no que levamos investidos 17,6 millóns de euros", dixo. A obra, incluida no Plan E, acadou non só revalorizar esta zona senón que agora dotounoa de aceso e uso público respondendo así as demandas dos cidadáns.

Pola súa banda o alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou que se "fragua un vello e antigo soño de Vigo e de Teis, sumándose á nova forma de entender Vigo". "Teis foi unha parte desta cidade totalmente abandonada, sendo un extremo da cidade para a industria e para salir e entrar de Vigo, pero convírtese agora nun dos centros da cidade", enfatizou o alcalde. Así insistiu en que se empeza a saldar a débeda co barrio deTeis, xunto as actuacións en Sanxurxo Badía ou a ETEA, entre outras.
Descargar todas as imaxes