O Auditorio Municipal acolle o xoves a obra infantil "Botazz! O swing do jazz", do programa Imaxina Sons
O recén remodelado Auditorio Municipal acollerá o xoves, 24 de xuño, o espectáculo infantil "Botazz! O swing do jazz" a cargo da compañía Galitoon, segundo informa a Concelleríade Cultura. Esta obra, dirixida a nenos e nenas a partir de tres anos, representarase no marco do Festival Internacional de Jazz de Vigo Imaxina Sons, ás 12, 17.30 e 19 horas. A entrada custa tres euros e pódese adquirir anticipadamente en www.caixanova.es.
Nesta sexta edición de Imaxina Sons, o festival achégase ás audiencias máis cativas co obra teatral musical "Botazz! O swing do jazz", especialmente escrita e composta para a ocasión, que contará con música en vivo. O espectáculo narra a historia dun can con pouco ritmo que é posto en apuros por uns felinos vagabundos e pícaros con moito swing.
No espectáculo empregarase a técnica de luz negra e monicreques fluorescentes, e incluirase a interpretación musical en directo como parte fundamental da montaxe. Co obxectivo de atraer ao público dos rapaces e rapazas a partir de tres anos, ca obra combina unha trama divertida coa interpretación musical ao vivo. As características da montaxe, ideada pola compañía Galitoon, convértena nunha proposta que fará gozar aos máis novos pero tamén aos adultos que os acompañen.
Botazz, o protagonista, é un can cheo de pulgas que vive feliz ata o día que perde o seu maior tesouro: o seu óso. O óso foi roubado polos vándalos do barrio, Toz e Moko, dous gatos tolos e pícaros, cuxa maior diversión é amolar a todos, entre eles a Botazz e a Timo, un rato ao que tamén lle quitaron o seu ben máis querido: o seu queixo. Pero a sorte de Toz e Moko cambiará cando Botazz e Timo se coñezan e decidan urdir un plan para recuperar o seu óso e o seu queixo.
Descargar todas as imaxes