luns, 21 xuño 2010

O alcalde rubrica con empresarios e sindicatos un acordo laboral para "fortalecer o emprego" na cidade

Abel Caballero agradeceu aos colectivos sindicais e empresariais a súa participación no Pacto Local polo Emprego que asinouse hoxe luns para "fortalecer o emprego" existente, fomentar a ocupación, identificar posibles liñas de negocio que xeren actividade, promover o autoemprego e iniciar accións para o acceso laboral dos colectivos de difícil inserción. A finalidade do acordo é "pór por diante e por enriba de todos os obxectivos o emprego".

Caballero reitera que o Concello dará todas as bolsas de comedor solicitadas aos escolares que o precisen

luns, 21 xuñ 2010

O goberno local aprobou este luns o convenio de colaboración coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPA), polo que o Concello subvenciona con 476.000 euros o funcionamento da entidade, as actividades extraescolares que organiza e a prestación de servizos de comedores de ensino público de infantil e primaria. O alcalde recordou que, ante a crise, o Concello dará as bolsas de comedor que sexan precisas.

Vigo é desde hoxe luns o centro do debate do deporte universitario coa participación de 72 países no Forum FISU

luns, 21 xuñ 2010

Cun cheo case absoluto no auditorio do Centro Social Caixanova, o Forum FISU Vigo 2010 comezou esta mañá con 72 países participantes dos cinco continentes, confirmando o que xa se aventuraba días antes: que este congreso mundial de deporte universitario é marca de asistencia (269 delegados de todo o mundo, entre oficiais e estudantes), o que confirmou á Federación Internacional de Deporte Universitario o valor actual deste encontro do deporte de todo o planeta.

Caballero entregou diplomas de excelencia académica ao alumnado do Conservatorio Superior de Música de Vigo

luns, 21 xuñ 2010

O alcalde de Vigo fixo este luns entrega de sendas diplomas acreditativos de bolsas municipais de axuda aos mellores expedientes do Conservatorio Superior de Música de Vigo, censados en Vigo, por valor total de 3.000 euros. O Concello concede sete achegas en tres modalidades: alumno individual, conxunto de música de cámara e mellor traballo de investigación.

Santi Domínguez anuncia a creación do Vigo Film Office para promocionar a cidade como localización de rodaxes

luns, 21 xuñ 2010

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, anunciou este luns a creación do Vigo Film Office como unha figura do Vigo Convention Bureau "para promocionar a cidade como destino de todo tipo de producións", entre os que destacou películas, series televisivas, presentación de produtos ou anuncios publicitarios. Salientou tamén que a recente incorporación de Vigo ao Spain Convention Bureau "abre unha nova etapa" no obxectivo de apostar polo turismo de negocios.

O Auditorio Municipal acolle o xoves a obra infantil "Botazz! O swing do jazz", do programa Imaxina Sons

luns, 21 xuñ 2010

O recén remodelado Auditorio Municipal acollerá o xoves, 24 de xuño, o espectáculo infantil "Botazz! O swing do jazz" a cargo da compañía Galitoon, segundo informa a Concelleríade Cultura. Esta obra, dirixida a nenos e nenas a partir de tres anos, representarase no marco do Festival Internacional de Jazz de Vigo Imaxina Sons, ás 12, 17.30 e 19 horas. A entrada custa tres euros e pódese adquirir anticipadamente en www.caixanova.es.

O goberno local concibe a accesibilidade coma eixo transversal de todas as áreas

Vigo recibíu o premio da Cocemfe polo seu traballo a prol da accesibilidade

luns, 21 xuñ 2010

O alcalde, o tenente de alcalde e as concelleiras de Benestar Social e Vías e Obras viaxaron a Madrid para recibir o galardón. De todo o Estado, Vigo foi a cidade que máis investiu na eliminación de barreiras arquitectónicas, actuando en 23 instalacións municipais. Os traballos de humanización exténdense a 134 rúas, ou 63,7 quilómetros de calles humanizadas, con accesibilidade para persoas con discapacidade.