martes, 22 xuñ 2010
O alcalde avanzou hoxe martes que o proxecto básico do prestixioso arquitecto estadounidense para a estación ferroviaria do AVE está a ser estudiado actualmente polo Ministerio de Fomento para adaptalo ás infraestruturas ferroviarias e pola Concellería de Urbanismo, para o seu encaixe no Plan Xeral vigués. Caballero agarda que o ministro de Fomento, José Blanco, poida participar tamén na presentación pública do proxecto.
martes, 22 xuñ 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este martes ao novo equipo técnico da Feira de Arte Contemporáneo de Vigo, Espacio Atlántico, entre o que se atopa a nova directora artística, Pilar Ribal. O nacionalista destacou que Espacio Atlántico, que se celebrará entre o 7 e o 10 de abril, "está confirmada" como a segunda feira máis importante do estado español e unha das máis importantes do mundo, "o cal nos enche de orgullo", asegurou.
O libro de Angel Colsa está patrocinado por Caixanova e prologado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero
martes, 22 xuñ 2010
O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia editou un libro sobre a pegada que estes profesionais deixaron na cidade de Vigo durante os últimos 175 anos. "Os Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos en Vigo", obra do enxeñeiro Angel Colsa, está patrocinado por Caixanova e foi prologado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero.
martes, 22 xuñ 2010
O tenente de alcalde de Vigo e presidente honorífico do comité organizador do X Fórum FISU, Santi Domínguez, felicitouse hoxe pola calidade da organización do evento, segundo datos chegados ao propio comité dos participantes, e case inesperadamente, recibiu un cúmulo de parabéns do Consello Superior de Deportes (CSD) e do CESU, o Comité de Estudo do Deporte Universitario.
martes, 22 xuñ 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes que o bautismo oficial deste planeta menor terá lugar en setembro ou outono, no marco da celebración dos actos do Bicentenario. O rexedor reuniuse hoxe co descubridor do asteroide, Ignacio Ferrín, que deulle o nome da cidade olívica en honor a súa cidade natal.
martes, 22 xuñ 2010
A sexta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, promovido pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural, inaugúrase mañá, 23 de xuño, cun concerto de luxo protagonizado polo pianista e compositor francés Martial Solal, ás 21.30 horas no Centro Cultural Caixanova. As entradas para as actuacións que integran o festival pódense adquirir en www.caixanova.es.
martes, 22 xuñ 2010
O Concello de Vigo abriu hoxe martes ao público as catro piscinas de Samil, unha vez o goberno local recibíu da inspección autonómica da Consellería de Sanidade o visto bo á calidade das augas e certificaron que son aptas para o baño. Tras a comunicación comunicación oficial efectuada hoxe por parte dos inspectores da Xunta de Galicia, o Concello procede a apertura inmediata das catro instalacións de Samil.
martes, 22 xuñ 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este martes que o músico arxentino Andrés Calamaro actuará no pavillón de As Travesas o vindeiro 18 de setembro ás 22 horas. O concelleiro nacionalista explicou que no concerto Calamaro presentará o seu último traballo, "On the rock", e que as entradas poden adquirirse na taquilla de Carrefour e a través de Ticketmaster a un prezo de 30 euros.
Equivale aproximadamente á distancia entre Vigo e Pontevedra
martes, 22 xuñ 2010
O balance de Aqualia foi presentado hoxe martes coa presenza do alcalde, Abel Caballero, e a edil de Vias e Obras, Isaura Abelairas. O 37% de rede substituída correspóndese con saneamento, o 33% con abastecemento e o 30% restante con pluviais. A rede de abastecemento substituída incrementouse nun 111% con respecto a 2008. O consumo de auga en Vigo está por baixo da media autonómica e estatal con 130,96 litros/día.
martes, 22 xuñ 2010
A Federación Galega de Taekwondo presentou hoxe aos catro deportistas galegos que participarán no Mundial Universitario de Taekwondo de Vigo: Fernando Rascado, Fani Hernández, Juan Fernández e Rebeca Mariño. Eles serán os deportistas, pero ademais tamén haberá presenza no colectivo arbitral, xa que a árbitra viguesa, María Bautista, acaba de ser seleccionada para arbitrar no campionato.