Caballero anuncia que Thom Mayne presentará en xullo o proxecto básico da futura estación de Urzáiz
O alcalde avanzou hoxe martes que o proxecto básico do prestixioso arquitecto estadounidense para a estación ferroviaria do AVE está a ser estudiado actualmente polo Ministerio de Fomento para adaptalo ás infraestruturas ferroviarias e pola Concellería de Urbanismo, para o seu encaixe no Plan Xeral vigués. Caballero agarda que o ministro de Fomento, José Blanco, poida participar tamén na presentación pública do proxecto.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que Thom Mayne presentará en Vigo no mes de xullo o proxecto básico deseñado polo prestixioso arquitecto para a nova estación de Urzáiz.
Preguntado polos medios de comunicación, Caballero confirmou que o traballo encargado para Vigo do arquitecto gañador do Premio Pritzker xa está a ser estudado polos técnicos do Ministerio de Fomento e da Concellería de Urbanismo, para o seu encaixe nas infraestruturas ferroviarias no primeiro caso e no Plan Xeral de Ordenación Municipal no segundo.
Abel Caballero asegurou que Mayne está á espera de concretar unha data para a presentación na cidade olívica, data que concretarase atendendo á axenda do ministro de Fomento, José Blanco. O alcalde quere que o titular da carteira máis inversora do Goberno de España participe tamén no acto dado que o proxecto do arquitecto será unha das grandes infraestruturas ferroviarias de España pero, poida estar Blanco ou non, a presentación pública "do mes de xullo non vai pasar", concluíu o primeiro edil.
Descargar todas as imaxes