Santi Domínguez di que é preciso potenciar Vigo como sede de grandes eventos como o Campionato de España de Billar
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou hoxe na inauguración das fases finais do Campionato de España de Billar, que terá lugar ata o 26 de xuño, o Spanish Open e o Campiontato Intercontinental de Parellas, que se celebrará mañá e o vernes. O nacionalista destacou no acto celebrado no Ifevi a importancia de potenciar Vigo como sede de "grandes acontecementos deportivos e económicos" e lembrou que estes eventos deixarán na cidade un retorno económico aproximado de 4 millóns de euros.
No acto de inauguración, no que participou unha nutrida representación dos mellores competidores de billar de ámbito internacional, o tenente de alcalde agradeceu a todos os participantes a súa presenza en Vigo. "Quero darvos a benvida a unha cidade que sempre se ten caracterizado por ser unha cidade de acollida", manifestou.
Santi Domínguez destacou tamén o "espírito deportivo" de Vigo, que vén de ser recoñecido co Premio Nacional de Deportes pola contribución á práctica deportiva e a capacidade de organización de grandes eventos, "e para mostra un botón", dixo en referencia ás competicións de billar que se celebran estes días no recinto feiral vigués de xeito consecutivo.
"Agardo que pasedes uns días moi agradables, que impere o espírito deportivo e que as competicións vos deixen unhas horas para para gozar das paisaxes e da gastronomía," sinalou o tenente de alcalde. Ao respecto, e en declaracións aos medios, salientou que os campionatos de billar deixarán un retorno económico aproximado de 4 millóns de euros e que os participantes e os seus acompañantes, teñen máis de 12 hoteis ocupados.
Santi Domínguez expresou a súa "satisfacción e orgullo" de poder albergar nesta cidade estes campionatos e porque poderemos gozar dun gran espectáculo deportivo. Asemade, felicitou ao IfeviI pola súa capacidade para organizar grandes eventos.
En representación da Federación Española de Billar, Eugenio Ríos felicitou á Tenencia de Alcaldía pola "extraordinaria xestión do campionato". Por outra banda, o presidente da Confederación Española de Pool, Carlos Iglesias, manifetou que "este é un sono feito realidade, ter aquí aos mellores tacos do planeta", subliñou. Tamén agradeceu a todo o equipo o traballo que fixo posible a realidade destas competicións, así como o apoio de Santi Domínguez e o xerente do Ifevi.
Descargar todas as imaxes