Santi Domínguez di que o novo complexo de Barreiro suporá "un cambio definitivo" nas instalacións deportivas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este xoves que a apertura do complexo de auga de Barreiro tras o verán suporá un "cambio definitivo" nas infraestruturas deportivas de Vigo. Na visita que realizou ao complexo, acompañado polo concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e polo equipo técnico encargado da súa construción, o nacionalista anunciou que os usuarios e usuarias terán abonos mensuais en función da súa situación familiar e idade. Puxo como exemplo o abono familiar, que por 45 euros ao mes permitirá o uso libre das instalacións todos os días do ano a catro persoas.
Segundo repasou o tenente de alcalde, nesta lexislatura, poñeranse en marcha dous novos complexos de auga, dous novos polideportivos e un novo campo de fútbol, así como unha nova zona deportiva de uso libre, polo que salientou que "cando despois do verán se inaugure este complexo de auga, na cidade haberá un antes e un despois no tocante ás infraestruturas deportivas".
Santi Domínguez explicou que as instalacións de Barreiro aséntanse nunha parcela de 5.508 metros cadrados e comprenden dúas piscinas e unha zona de spa, baño turco e duchas de esencias. O resto do complexo está dividido en cinco salas para realizar diferentes actividades deportivas, como step, aeróbic, pilates, así como pistas de pádel, un ximnasio de 600 metros cadrados e unha sala de spinning. "Será o ximnasio público e privado máis importante que vai ter esta cidade", asegurou o tenente de alcalde.
Para executar este proxecto, Santi Domínguez sinalou que este complexo de Barreiro supuxo un investimento de case 10 millóns de euros, que sumados aos 5 das instalacións de A Florida supoñen un investimento aproximado de 15 millóns para dotar á cidade de novas infraestruturas deportivas.
Ademais, salientou tamén que as instalación están "totalmente adaptadas" para as persoas que teñen algún tipo de discapacidade, "como non podía ser doutra forma tras recibir o premio que concede a Confederación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (Cocemfe) polo traballo a prol da mellora da accesibilidade e integración das persoas con discapacidade".
Outro aspecto que destacou Santi Domínguez foi a creación de emprego. Ao respecto dixo que as instalacións de Barreiro permitirán a creación de 20 postos de traballo estables e 50 variables, en función dos cursos que se impartan e o número de usuarios e usuarias.
O tenente de alcalde avanzou que haberá un sistema de abonos con prezos moi asequibles. Como exemplo mencionou o abono familiar, co que unha familia de catro membros poderá usuar libremente as instalacións por 45 euros ao mes. Tamén indicou que haberá un abono especial para as persoas con discapacidade, que será de 15 euros mensuais, e outro para as persoas da terceira idade, que será de 18 euros ao mes.
"A vocación é que estas instalacións non só sexan para o lecer e o disfrute, senón tamén para a formación", comentou Santi Domínguez ao rematar o percorrido. A visita tamén serviu para dar a coñecer a imaxe corporativa das áreas deportivas municipais "Máis que auga", que engloba o complexo de A Florida e Barreiro.
Xabier Alonso, polo súa parte, salientou que as tres principais liñas de actuación da Concellería de Deportes son potenciar os eventos deportivos en Vigo, dotar á cidade de infrastruturas deportivas, e sobre todo, "gañar adeptos á práctica deportiva". Neste sentido considerou que o complexo de Barreiro vai axudar a desenvolver o programa de actividades deportivas saudabeis.
Descargar todas as imaxes