Escoitar

Caballero cifra en 1.300 os empregos creados nos dous últimos anos polo Plan Municipal "Imos Traballar"

A Xunta de Goberno Local, segundo informou este venres o alcalde, adxudicou a contratación de profesionais para o asesoramento do programa municipal "Imos Traballar", un dos catorce que ten en marcha a Concellería de Promoción Económica e Emprego. Aos 1.300 empregos creados en 2008 e 2009 súmase a expectativa apuntada polo socialista de acadar o mesmo número en 2010 e 2011.

venres, 25 xuñ 2010
1277468974IMG_0170.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que o programa municipal "Imos Traballar" xerou 1.300 postos de traballo nos pasados anos 2008 e 2009, unha cifra que agarda repetir para o periodo 2010-2011.

O "Imos Traballar" é un dos catorce programas municipais de emprego dos que dispón a Concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe o socialista Santos Héctor, un Plan Municipal que, xunto aos propios investimentos municipais e aos fondos destinados polo Goberno de España á cidade de Vigo, eleva a 8.297 os postos de traballo impulsados desde a acción municipal.

Abel Caballero recordou que o Concello de Vigo "está a ser un gran xerador de emprego" aínda que entende que non é suficiente para paliar o desemprego que está a xerar a crise. O alcalde aseverou que o goberno local é "a única institución pública" con políticas activas de emprego en Vigo, e reclamou á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra investimentos e programas similares para a cidade olívica.
Descargar todas as imaxes