O Museo de Castrelos propón para o vindeiro domingo o obradoiro "Landriña viaxa ao interior das paisaxes"
A nova edición do programa para familias "Domingos de museo", que se celebrará no Museo de Castrelos o vindeiro 27 de xuño, terá por título "Landriña viaxa ao interior das paisaxes", segundo informa o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. O obxectivo desta iniciativa, de carácter gratuíto, consiste en dar a coñecer o Museo da Cidade a todos os públicos, polo que se dirixe especialmente aos nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que tamén poden participar acompañados polos seus familiares.
O obradoiro "Landriña viaxa ao interior das paisaxes", que se desenvolverá de 11:30 a 13:30 horas, propón un itinerario polas paisaxes da colección do pazo de Castrelos. Os participantes poderán observar como ademais de utilizar a liña e a cor, os artistas empregan a luz e as sombras para crear ambientes e sensacións en función do que queren suxerir.
Da man de Landriña, a mascota do museo, e a axuda da imaxinación, os participantes viaxarán ao interior das paisaxes, nas que descubrirán as cores, olores, personaxes e animais que habitan os cadros, e con eles crearán unha historia. A aventura nas salas complétase cun xogo que ten como base as obras seleccionadas e co que se poñerá a proba a observación dos nenos e nenas participantes, que tamén poderán crear a súa propia obra de arte.
Ademais da actividade para familias "Domingos de museo", o Museo da Cidade organiza visitas guiadas para o público en xeral, tanto ao pazo, os martes, mércores, xoves, venres e domingo ás 12 horas, como ao xardín histórico, que se realizan os martes, mércores, xoves, venres e domingo ás 13 horas. As visitas guiadas ao pazo e ao xardín histórico para grupos e asociacións poden realizarse, facendo reserva previamente, os martes, mércores, xoves e venres ás 12 horas. Ademais, as visitas guiadas á sala de arqueoloxía e a participación no obradoiro de arqueoloxía, destinado a todos os públicos, pódese facer no horario de apertura do Pazo, previa reserva.
Tamén é posible participar no percorridos guiados ao Xacemento de O Castro en horaio, de maio a setembro, todos os días agás luns de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, e de outubro a abril, todos os días agás luns de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas; así como as visitas guiadas ao Xacemento da Villa Romana de Toralla, en horario, de outubro a maio, os martes, venres, sábado e domingo de 12 a 18 horas e de xuño a setembro, de martes a domingo de 12 a 20 horas.