Bando sobre o bo uso dos areais
<br />
Na época estival o litoral do noso municipio recibe unha gran afluencia de visitantes o que fai necesario adoptar unha serie de medidas para manter os areais e lugares públicos de baño nas debidas condicións de limpeza, hixiene e salubridade, así como vixiar a observancia das normas e instrucións dictadas pola Administración do Estado sobre o salvamento e seguridade das vidas humanas.
Co fin de regular o uso sostible e o pleno goce por parte de todos dos areais do termo municipal de Vigo dispoño as seguintes normas de xeral cumprimento para a cidadanía:
1ª. Circulación de vehículos
Queda prohibido o estacionamento e circulación de todo tipo de vehículos, incluídas as bicicletas polos areais así como polos paseos marítimos, agás os autorizados.
2ª. Animais no areal
Prohíbese a circulación ou permanencia de cans e outros animais nos areais, salvo os cans de asistencia (guía ou de servizo) en período estival, definido este como o comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.
Nos demais lugares públicos os cans deberán ir atados con correa e no caso de cans considerados potencialmente perigosos deberán levar un bozo, a licenza do propietario e a inscrición do animal no rexistro de animais potencialmente perigosos.
Asemade, lémbraselles a todas e todos a obriga da recollida inmediata dos excrementos dos animais.
3ª. Xogos molestos
Os xogos de pelota, discos voadores, voo de papaventos e calquera outros, que supoñan molestia para os demais usuarios dos areais, quedan prohibidos. As solicitudes de actividades de tipo lúdico que se propoñan nos areais durante o período estival deberán estar preceptivamente autorizadas, polo que deberá solicitarse autorización previa presentando unha memoria do evento para celebrar, con esbozo da zona que se acoutará. Será requisito indispensable a subscrición dunha póliza de seguros de responsabilidade civil.
4ª. Volume elevado
Queda prohibido o uso de aparellos sonoros ou instrumentos musicais cando polo seu volume de emisión acústica causen molestias ás e aos demais usuarios dos areais.
5ª. Acampada libre
Prohíbese a instalación de tendas de campaña, estruturas de lona e demais habitáculos e vehículos habilitados para practicar o camping tanto nas praias, como nas zonas verdes ou aparcadoiros situados a carón delas.
Permítese a instalación de antucas e veladores, sempre desmontables, que sexan totalmente diáfanos e que non estean pechados perimetralmente nin apegados entre si.
6ª. Xabón nas duchas
A auga das duchas e lavapés instalados nas praias é para quitarse o salitre das augas do mar. Queda terminantemente prohibido o uso de xabón, champú, xel ou calquera outro produto de hixiene persoal nas duchas.
7ª. Prender lume
Queda prohibido o encendido de fogueiradas, fogueiras e calquera outra fonte de calor nos areais, así como nas espazos verdes e zonas de lecer.
8ª. Venda ambulante, agás a autorizada
Só se poderá exercer a venda ambulante con carácter excepcional e trala autorización municipal no recinto especificamente acoutado. Os e as vendedoras ambulantes autorizadas deberán portar a devandita autorización que deberán exhibir aos axentes da autoridade cando lles fose requirida.
9ª. Reserva de mesas
Prohísese a reserva con bolsas, manteis e outros obxectos das mesas ou bancos para ser utilizados posteriormente, impidindo o seu uso por outros cidadáns e cidadás.
10ª. Utilizar as papeleiras
Queda terminantemente prohibido arroxar ou deixar calquera tipo de residuos, líquidos ou sólidos, fóra das papeleiras e lugares especialmente habilitados para iso.
11ª. Nadar dentro da zona habilitada
Os espazos balizados considéranse zona de baño. Queda prohibida, salvo nas debidamente autorizadas e balizadas, a navegación deportiva e de recreo e de calquera tipo de embarcación ou medio flotante movido por vela ou motor.
12ª. Obedecer as recomendacións
As e os usuarios das praias deberán obedecer as recomendacións de baño establecidas nas correspondentes bandeiras:
Vermello
AREAIS PROHIBIDOS
Amarelo
AREAIS PERIGOSOS
Verde
AREAIS LIBRES
13ª. Publicidade
Queda prohibida a publicidade a través de carteis, valos, medios audiovisuais e calquera outro tipo, agás os autorizados.
14ª. Pesca
A práctica da pesca e o marisqueo realizaranse sen perxudicar os demais usuarios; deberase posuír a preceptiva licenza en ambos casos. Queda prohibida a entrada e saída do mar dende a praia aos mergulladores co fusil cargado, así como a manipulación en terra deste ou de outros instrumentos de pesca que poden supor un risco para a seguridade das persoas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá para o cumprimento destas normas, acatando en todo momento os requirimentos verbais dos axentes da Autoridade e comunicando calquera incidencia en materia de seguridade aos servizos de Policía Local, Protección Civil e Cruz Vermella.
Vigo, 18 de xuño de 2010
O alcalde,
Abel Caballero Álvarez