Escoitar

O Consello Municipal de Inmigración apoia a construción do centro de emerxencia social na ubicación elixida

O Consello Municipal de Inmigración, celebrado onte xoves, aprobou unha declaración de respaldo á construción do Centro Social de Atención Continuada de Vigo, cuxo proxecto recentemente presentaron a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social. No texto se fai especial fincapé na necesidade que ten unha cidade como Vigo de atender ás persoas en situación de exclusión social.

venres, 25 xuñ 2010
No documento aprobado, as entidades que integran este organismo tamén expresaron o seu respaldo á ubicación elixida para a albergue. Asemade consideran que a súa construción é "unha prioridade na nosa cidade que non se pode seguir adiando".

Ademais de manifestar o seu apoio á construción do centro, a declaración aprobada polo Consello Municipal de Inmigración demanda das administracións implicadas a máxima axilidade para facer realidade o albergue en Vigo "na maior brevidade posible"·.