Escoitar
O "I CERTAME DE ARTE INFANTIL" inaugurase o venres 25 de xuño a partir das 17,00 hs.

O alcalde e a concelleira de Educación inauguran o programa municipal "Crea Na Escola"

Participan preto de 800 escolares vigueses con traballos presentados os certames de ARTE POSTAL, BANDA DESEÑADA E ARTE INFANTIL

venres, 25 xuñ 2010
1277469732educacion.jpg
Esta iniciativa didáctica municipal, que promove o Servizo de Educación en colaboración co recoñecido artista vigués Mingos Teixeira, remata neste curso 2009/2010 a súa exitosa actividade cunha mostra dos traballos elaborados polos participantes nos tres Certames creados co firme propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria, no propio contexto escolar.

O debuxo, a pintura, as manualidades, etc ,... constitúen un proceso complexo no que o neno/a reúne diversos elementos da súa experiencia para formar un todo cun novo significado. No proceso de seleccionar, interpretar e reformar eses elementos, o neno danos algo máis que un debuxo ou unha escultura; proporciónanos unha parte de sí mesmo: cómo pensa, cómo sinte e cómo ve.

No Programa "CREA NA ESCOLA" participan alumnos/as de Educación Primaria dos Colexios Públicos e Privados-Concertados de Vigo e intenta incentivar a creatividade en todos os ámbitos, fomentando a relación entre centros escolares, valorando a importancia da creatividade como medio de interrelación co entorno, achegando o mundo da imaxinación e a creatividade á comunidade escolar e enchendo o valeiro existente nas escolas con respecto a estas áreas.

PROGRAMA DE ACTOS PREVISTO

Data: Venres 25 de Xuño de 2010 das 17:00 ás 20:00 h.
Lugar: I.M.E. (Instituto Municipal de Educación), Camiño do Chouzo s/n Vigo

Actividades:

De 17:00 a 17:30
Recepción e percorrido pola Mostra.

De 17:30 a 18:30
Xogos, maxia e humor a cargo de POPÍN

De 18:30 a 19:00
O debuxante KIKO DA SILVA coñecido por ser autor de historietas como Golfiño, BD Banda, Mister K, etc. Amosaranos o xeito de crear personaxes de Cómic.

De 19:00 a 19:30
Inauguración Oficial e entrega de premios coa asistencia do Ilmo. Sr. Alcalde, Abel Caballero e a Concelleira de Educación Dona Laura López Atrio

De 19:30 a 20:00
Actuación musical e clausura
Descargar todas as imaxes

Máis información