Iolanda Veloso anuncia que Vigo acollerá en novembro o primeiro Festival Internacional de Curtametraxes
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, anunciou este xoves que Vigo acollerá o primeiro Festival Internacional de Curtametraxes "Curtopía" do 12 ao 26 de novembro. O prazo de inscrición e envío de películas estará aberto ata o 15 de setembro. Na presentación do certame, no que tamén participou o representante da asociación Abertal Alfonso Vázquez, a edil do BNG destacou que esta iniciativa quere dar a oportunidade aos rapaces e rapazas para que desenvolvan a súa creatividade no eido audiovisual.
"Dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Xuventude decidimos implicarnos nesta iniciativa porque sabemos que hai moito entusiasmo e xente moi preparada", salientou Iolanda Veloso. A concelleira sinalou que este certame dará continuidade ao festival celebrado o ano pasado "Vigoaunhaedez", que acadou un notable éxito de participación. Está dirixido a mozos e mozas que non superen os 30 anos e as cintas non poderán ter máis de 30 minutos de duración.
A concelleira de Xuventude explicou que haberá premios para motivar aos rapaces e rapazas a que participen e tamén para valorar economicamente os traballos. Sinalou que a sección oficial do concurso terá tres categorías, videoclips, curtametraxes documentais e curtametraxes de ficción. O premio ao mellor videoclip estará dotado con 400 euros; a mellor curtametraxe documental será premiado con 800 euros, ao igual que a mellor curtametraxe de ficción.
Iolanda Veloso indicou que entre as cintas galegas presentadas, unha delas será galardoada co premio Obra Galega, que recibirá 400 euros. Concederase tamén o premio Curtopía da Mocidade, no que os alumnos e alumnas dos centros de ensino terán a posibilidade de valorar cal é a película da temporada.
"Vigo será o escenario de rodaxes e a sala de cine na que se estrearán as obras dos novos creadores galegos", apuntou Iolanda Veloso. Avanzou que o programa incluirá obradoiros e seminarios de formación tanto para profesionais como para estudantes, que se centrarán en temas como o manexo dunha cámara de cine dixital, o proceso de creación de documentais, a interpretación e os efectos especiais, entre outros.
O coordinador do certame e representante de Abertal, Alfonso Vázquez, destacou que o festival terá "moita presenza na cidade", xa que está previsto que se desenvolva en diversos espazos diferentes. "De aquí a novembro estaremos construíndo o festival, que pensamos que será moi ambicioso", asegurou.
Ademais das seccións oficiais do certame, Alfonso Vázquez indicou que se celebrarán mostras fóra da competición que amosarán o traballo que se faino eido do audiovisual tanto dentro como fóra de Galiza. O representante de Abertal destacou que á organización ten interese en que a xuventude e o resto da cidadanía "poida ver e empaparse de todo o que se fai".
Descargar todas as imaxes