Escoitar

O alcalde clausura o obradoiro de emprego VigoZoo no que 30 xóvenres recibiron formación ocupacional

O Concello destinou 600.000 euros a este programa promovido pola concellería de Promoción Económica e Emprego a través do cal os beneficiarios recibiron formación en albanelería, carpintería metálica e PVC e xardinería. As actuacións abarcaron unhas 100 obras xa rematadas ou en estado de execución.

xoves, 1 xul 2010
1277988058vigozoo.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, clausurou esta mañán o obradoiro de Emprego Vigozoo no que 30 xóvenes recibiron formación en materia de albanelería, carpintería metálica e PVC e xardinería. En total o programa de formación e emprego, concebido como unha máis das medidas de apoio á creación de emprego do goberno local, actuaron sobre un total de 100 obras xa rematadas ou en estado de execución que fixeron posible un cambio na fisionomía do zoo vigués.

A formación ocupacional que recibiron os xóvenes lles procurou cualificación profesional imprescindible para poder acceder ao mercado laboral. Así o destacou o alcalde quen subliñou que esta capacitación profesional é unha das ferramentas máis valiosas coas que pode contar un traballador ademáis de ser "un requisito imprescindible". "Basta con ver algunhas das vosas obras para comprobar a vosa capacitación profesional", reflexionou Caballero.

O obradoiro de emprego cumpriu así cun doble obxectivo, por unha banda mellorar sustancialmente as instalacións da Madroa e por outra abrir as expectativas laborais aos xóvenes que poideron aceder ao obradoiro promovido pola concellería de Promoción Económica e Emprego. "Os traballos son dun proveito notable", afirmou o rexedor, "porque se percibe e se aprecia que mellorou sustancialmente este recinto".

Simultaneamente coa formación e a experiencia o obradoiro de emprego lles proporciona orientación, asesoramento e información profesional e empresaria. O alcalde ofreceu tamén a colaboración do Concello para buscar un proceso adicional de apoio na busca de emprego. Incidiu así en que a concellería que dirixe o socialista Santos Héctor ten o encargo de manter este apoio. "A nosa obriga non remata coa formación senón que continúa co apoio na busca de emprego". Precisamente polo momento "delicado" que está a vivir a economía Abel Caballero trasladoulles aos xóvenes unha mensaxe de apoio, "permanecemos ao voso lado", indicou.
Descargar todas as imaxes