Eudosio Álvarez presenta os obradoiros de verán do CAT, que son gratuítos e destinados a rapaces de 7 a 16 anos
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este mércores os obradoiros de verán que se desenvolverán no Centro de Artesanía Tradicional, que ofertan 28 pazas para rapaces e rapazas de 7 a 16 anos e comezan mañá, 1 de xullo. Na presentación, na que tamén participou o coordinador do CAT, Manuel Estévez, o nacionalista destacou o traballo das áreas coordinadas pola Tenencia de Alcaldía vencelladas coa cultura, que organizan actividades gratuítas nas que se pon de manifesto a "racionalización do gasto público".
Eudosio Álvarez sinalou que o programa de verán do CAT completa os obradoiros que se desenvolven ao longo do inverno, "que contan cunha gran demanda". As persoas interesadas en participar poden facer a súa inscrición a través da web www.cat.vigo.org ata cubrir as prazas.
O coordinador do CAT explicou que son tres os obradoiros que se celebrarán ata setembro. O primeiro deles, "Mans para que vos quero" quere introducir aos máis novos no mundo da cestería tradicional da man do cesteiro Antonio Suárez. Os obxectivos son aprendar de xeito didáctico as técnicas básicas do oficio de cesteiro e concienciar de cara á protección deste patrimonio. Esta actividade oferta 14 prazas divididas en dúas quendas, que se desenvolverán os martes e xoves, do 1 ao 29 de xullo, de 10 a 13:30 horas e os martes e xoves do 3 ao 31 de agosto, de 10 a 13:30 horas.
O segundo obradoiro, "Xoguetes de hai 100 anos", quere recuperar un xeito de divertirse baseado no traballo con materiais como a madeira, tecidos e material reciclado. O ferta 7 prazas para nenos e nenas de 8 a 12 anos e será impartido por Chus Barreiro e Belén Alonso os martes e xoves, do 6 de xullo ao 12 de agosto, de 10 a 13:30 horas.
Finalmente, desenvolverase o obradoiro "Deseña a túa propia camiseta", no que se combina tradición e contemporaneidade, xa que se basea no traballo manual para crear con materais actuais prendas de vestir. Vai dirixido a rapaces e rapazas de 10 a 14 anos e as prazas ofertadas tamén son 7. Terá lugar os luns, mércores e venres, do 16 de agosto ao 10 de setembro, de 10 a 13:30 horas.
Descargar todas as imaxes