O tenente de alcalde presentou o Mundial Universitario de Taekwondo, con récord de participación e países
O XI Campionato do Mundo Universitario de Taekwondo presentouse hoxe con todas as expectativas deportivas superadas. A organización calculaba hai unhas semanas que habería uns 450 participantes e finalmente serán uns 600. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, celebrou que "Vigo é imparable, bate marcas e seguirá facéndoo. Pero ademais do deportivo, do que non dubidaba, hai máxima ocupación hostaleira con cinco hoteis cheos, e este evento coincide co campionato de billar, co que o retorno ecónomico será moi importante para a cidade".
O tenente de alcalde agradeceu o apoio da FISU, "que nos deu a súa confianza para organizar o Fórum e agora dános a oportunidade de organizar o Mundial", e tamén o do resto de institucións: Caixanova como patrocinador, a Universidade de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte, VIDE e as federacións, Española e Galega. Aproveitando o campionato, o nacionalista lembrou que estas actuacións teñen tamén un obxectivo: "Non perdemos a esperanza de albergar unha Universiada".
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, subliñou que "non é casual que se batan marcas porque se están facendo as cousas ben, hai conciencia da importancia do deporte". Destacou que "todos os países importantes están aquí" e lembrou que hai poucas datas, en Alacante, "a Federación Española premiou a Vigo por ser o concello de España que máis colabora co taekwondo". O edil incidiu en que "para chegar a isto era necesario o traballo de base feito pola Federación Galega de Taekwondo e a súa presidenta, Mercé Barrientos".
Michel Nombela, como director da área de Deportes da Universidade de Vigo, fixo fincapé na gran traxectoria deportiva da institución académica a nivel estatal (vitorias en 2006, 2007 e 2008 e subcampionatos en 2009 e 2010) e dixo estar "seguro de que a organización será un éxito".
Kemal Tamer, membro do comité executivo da FISU e presidente da Federación Turca de Deporte Universitario, pechou o acto manifestando que é imposible que un evento organizado en Vigo non sexa un éxito pola contribución de todas as institucións. Asegurou que "se fixo un bo traballo e estamos moi felices por iso."
Á rolda de prensa asistiron tamén un representante da Secretaría Xeral para o Deporte, Daniel Benavides; o director de Infancia, Mocidade e Deportes de Caixanova, firma patrocinadora, Jorge Santos; e os presidentes das federacións Española (Jesús Castellanos) e Galega (Mercé Barrientos).
Valoración do Fórum FISU
O tenente de alcalde aproveitou o acto para resumir o que significara o Congreso Mundial do Deporte Universitario. Ao rematar o foro, todos os delegados (280) presentaron ante a FISU a súa valoración organizativa do evento puntuando de 0 a 5 e"a FISU deunos un 4,25 sobre 5 puntos, isto é case un sobresaliente", explicou Santi Domínguez.
Descargar todas as imaxes