O alcalde amosa a súa satisfacción pola licitación do proxecto básico do AVE Vigo Ourense por Cerdedo
O Ministerio de Fomento ven de licitar o contrato de servizos para a redacción dos proxectos da liña do AVE Ourense Vigo que inclúen tres subtramos que van de O Carballiño ata Barro. O pasado mes de marzo aprobouse a Declaración de Impacto Ambiental e a principios de xuño o estudio informativo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou hoxe a súa satisfacción tras a licitación por parte do Ministerio de Fomento do proxecto básico do Ave Vigo Ourense e que, segundo apuntou pon de manifesto que "o AVE Vigo Madrid por Cerdedo é xa unha realidade imparable".
O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a licitación na que se inclúen os tres subtramos de O Carballiño-O Irixo, O Irixo-Cerdedo e Cerdedo-Barro, dotados na súa totalidad dun orzamento de 3,5 millóns de euros.
A liña, segundo apuntaron dende o Ministerio, parte da conexión coa liña de alta velocidade Ourense-Santiago no termo municipal ourensán do Carballiño e remata na conexión co eixo atlántico de alta velocidade ao norte de Pontevedra.
O rexedor vigués salientou que "este tren feito especialmente para Vigo, é a maior obra da historia da cidade" polo que mostrou o seu agradecemento ao Ministro de Fomento, José Blanco, polo seu compromiso coa cidade olívica.
A licitación prodúcese tras a aprobación da Declaración de Impacto Ambiental o 15 de marzo e a aprobación o pasado 4 de xuño do estudio informativo. Os tres subtramos teñen unha lonxitude conxunta de 54 kilómetros e caracterízanse por unha orografía complexa que levará unha gran parte do percorrido a través de túneis ou viaductos.