O concelleiro de Cultura anuncia que Mika porá o broche de ouro o 14 de agosto aos concertos de Castrelos
O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López, cualificou o concerto que Mika ofrecerá o 14 de agosto no Auditorio de Castrelos coma un "broche de ouro" para as actuacións musicais das Festas de Vigo 2010. Na presentación do concerto, tamén particiou o xerente do Xacobeo, Ignacio Santos, como patrocinador desta actuación, o nacionalista afirmou que "traemos a Vigo ao número un en Europa".
Xesús López destacou que o programa das festas de Vigo é "de luxo, sen dúbida o mellor de Galicia e un dos mellores do Estado. É unha programación que fuxe de buscar o mediático e aposta pola calidade". O nacionalista explicou que o traballo comezou hai xa moitos meses, "case cando remataron as festas do ano pasado. Comezamos os contactos coas magníficas productoras que temos en Vigo que bucearon no mercado e acadamos unha programación de moita calidade a prezos razoables". O concelleiro salientou tamén que o de Vigo será un dos tres únicos concertos que Mika ofrecerá en España, xunto a Madrid e Barcelona.
O concelleiro explicou que o Xacobeo será "o patrocinador institucional deste concerto". O seu xerente, Ignacio Santos, felicitou ao concelleiro pola programación das festas "interesante e dunha calidade incuestionable" e destacou que "cando nos deron a posibilidade de colaborar neste concerto non o dubidamos porque Mika e un artista único, de enorme talento e de escala mundial".
Santos manifestou que con este concerto "completamos a programación do Xacobeo na cidade de Vigo" e agradeceu a colaboración do Concello de Vigo porque "xuntas todas as institucións podemos facer un Xacobeo máis ambicioso, máis amplo, temos que sumar e non restar".
Mika actuará no auditorio de Castrelos o próximo día 14 de agosto (23:00 horas) e as localidades terán un prezo de 12 en venda anticipada e 15 no despacho de billetes. A venda comezará a próxima semana a través de Caixanova.
Mika, aínda que ten un curta carreira musical, é xa un dos grandes artistas do momento e acumula varios e importantes premios. En 2007 saiu o seu primeiro disco "Life in cartoon motion" e no 2009 "The boy who knew too much", que fai referencia a un episodio dos Simpsons, serie da que o cantante se declara fan.
Descargar todas as imaxes