martes, 29 xuñ 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, defendeu este martes que a construción do novo Centro Social de Atención Continuada no repercutirá negativamente no barrio de Ribadavia e, polo contrario, permitirá mellorar os accesos e as dotacións da zona. O nacionalista fixo estas declaracións tras a xuntanza que mantivo con representantes veciñais e comerciais da zona, na que tamén participou a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e na que lles transmitiu que a elección da ubicación do centro é unha "decisión avalada e apoiada por todo o goberno".
martes, 29 xuñ 2010
Os concelleiros de Medioambiente e Participación Cidadá presentaron este martes as actividades de verán para nenos que terán lugar no zoo de Vigo e nos catro Centros Cívicos da cidade, os de Coruxo, Saiáns, Teis e o Casco Vello. Os obradoiros están abertos a nenos de 3 ata os 14 anos, tanto a media xornada como durante todo o día. <br />
martes, 29 xuñ 2010
O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López, cualificou o concerto que Mika ofrecerá o 14 de agosto no Auditorio de Castrelos coma un "broche de ouro" para as actuacións musicais das Festas de Vigo 2010. Na presentación do concerto, tamén particiou o xerente do Xacobeo, Ignacio Santos, como patrocinador desta actuación, o nacionalista afirmou que "traemos a Vigo ao número un en Europa".
martes, 29 xuñ 2010
O XI Campionato do Mundo Universitario de Taekwondo presentouse hoxe con todas as expectativas deportivas superadas. A organización calculaba hai unhas semanas que habería uns 450 participantes e finalmente serán uns 600. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, celebrou que "Vigo é imparable, bate marcas e seguirá facéndoo. Pero ademais do deportivo, do que non dubidaba, hai máxima ocupación hostaleira con cinco hoteis cheos, e este evento coincide co campionato de billar, co que o retorno ecónomico será moi importante para a cidade".
martes, 29 xuñ 2010
Abel Caballero e Laura López Atrio acudirán mañá mércores á xornada de clausura do curso da Escola Municipal de Teatro no auditorio do Centro Cultural Caixanova, onde ofreceranse tres representacións teatrais abertas a toda a cidadanía e a entrega de diplomas aos escolares. As obras darán comezo ás 19 horas.