Santi Domínguez asegura que o Centro Social de Atención non repercutirá negativamente no barrio de Ribadavia
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, defendeu este martes que a construción do novo Centro Social de Atención Continuada no repercutirá negativamente no barrio de Ribadavia e, polo contrario, permitirá mellorar os accesos e as dotacións da zona. O nacionalista fixo estas declaracións tras a xuntanza que mantivo con representantes veciñais e comerciais da zona, na que tamén participou a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e na que lles transmitiu que a elección da ubicación do centro é unha "decisión avalada e apoiada por todo o goberno".
"Esta cidade necesita un albergue xa e tamén hai o compromiso xusto de atender as demandas veciñais", manifestou Santi Domínguez. O nacionalista destacou o talante "positivo e dialogante" da xuntanza, na que subliñou que non pode haber nesta cidade persoas que non teñan onde durmir. "Por riba das ganancias electoralistas está a dignidade das persoas", dixo, polo que asegurou que para o goberno de Vigo a construción dun albergue é unha prioridade.
Segundo explicou o tenente de alcalde ao veciños e veciñas do barrio, a solución "máis rápida" para construír o albergue é esa parcela, "que xa está habilitada para usos sociais", precisou. Á vez que reiterou esta prioridade, defendeu que a execución desta obra tamén servirá para dar resposta "ás vellas demandas" dos veciños e veciñas do barrio. "Temos total compromiso cara as demandas dun barrio degradado que historicamente as poñen enriba da mesa", manifestou.
Santi Domínguez quixo tamén transmitir tranquilidade á veciñanza e asegurou que a construción do albergue "non vai traer ningún problema", porque "non é máis que unha casa na que as persoas sen teito poidan durmir". Neste sentido desmentiu algunhas informacións e explicou que non será un lugar de atención ás persoas con drogodependencias ou de reparto de metadona. Afirmou que as persoas sen teito que acudan ao centro estarán atendidas por educadores sociais e psicólogo, "polo que non van ocasionar ningún problema para o barrio". O tenente de alcalde sinalou ademais que o albergue será un "edificio singular" que mellorará a zona, xa que cando comecen as obras se solucionarán os problemas de acceso.
Preguntado polos prazos de construción deste centro, Santi Domínguez manifestou a súa confianza de que proximamente se asine o convenio entre Xunta e Concello para seu cofinanciamento. "Unha vez que podamos facer operativos os orzamentos municipais sacaremos a licitación para a súa execución", explicou. Indicou que o prazo de construción rolda entre os dez e doce meses, polo que "no prazo dun ano poderíamos estar en disposición de abrilo".
"Nesta primeira xuntanza non se trataba de convencer a ninguén", dixo Santi Domínguez sobre o transcurso da reunión. Finalmente, amosou a súa disposición e da concelleira de Benestar para seguir mantendo as reunións precisas cos representantes veciñais.
Descargar todas as imaxes