mércores, 30 xuñ 2010
O alcalde de Vigo informou este mércores da rescisión desde 2011 do contrato de aluguer do coñecido como edificio Asefal, o que permitirá ao Concello aforrar 240.000 euros cada ano. A "política de austeridade" municipal exténdese tamén á Fundación ProVigo, que abandonará a súa actual sede na Alameda para instalarse no edificio municipal do Areal, cun aforro de 19.200 euros anuais.
mércores, 30 xuñ 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, visitaron este mércores un dos novos campamentos que este ano oferta o programa Verán Xove 2010, no Pazo de Castrelos. Tras compartir unha das actividades cos nenos e nenas participantes, o tenente de alcalde destacou que a nova edición do programa Verán Xove oferta este ano máis de 2.000 prazas, o 10% delas para rapaces e rapazas con necesidades educativas especiais.
mércores, 30 xuñ 2010
O Mundial Universitario de Taekwondo xa está en marcha coa competición de pumse (técnica). A cerimonia inaugural tivo lugar hoxe no pavillón das Travesas coa presenza de Santi Domínguez, tenente alcalde de Vigo e presidente honorífico do comité organizador; Xabier Alonso, concelleiro de Deportes da cidade; Xosé Henrique Costas, vicerreitor de Extensión Universitaria; José Ramón Lete, secretario xeral para ou Deporte; e Kemal Tamer, membro do comité executivo da FISU. Tamén estiveron presentes os presidentes da federacións Galega e Española, Mercé Barrientos e Jesús Castellanos.
mércores, 30 xuñ 2010
Sobre mil persoas acudiron onte martes á Praza de Compostela para seguir na pantalla xigante habilitada polo Concello de Vigo o partido de fútbol que enfrontou ás seleccións de España e Portugal nos oitavos de final da Copa do Mundo. Entre os asistentes estiveron a concelleira de Servizos Xerais, Isaura Abelairas, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
mércores, 30 xuñ 2010
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este mércores os obradoiros de verán que se desenvolverán no Centro de Artesanía Tradicional, que ofertan 28 pazas para rapaces e rapazas de 7 a 16 anos e comezan mañá, 1 de xullo. Na presentación, na que tamén participou o coordinador do CAT, Manuel Estévez, o nacionalista destacou o traballo das áreas coordinadas pola Tenencia de Alcaldía vencelladas coa cultura, que organizan actividades gratuítas nas que se pon de manifesto a "racionalización do gasto público".
As inversións chegaron a todas as parroquias para rematar coa desigualdade
mércores, 30 xuñ 2010
En total, o goberno local ten xa investido 4 millóns de euros aos que está previsto sumar outros 6 millóns procedentes dos orzamentos municipais e do plan E, con 4,5 millóns e 1,5 millóns respectivamente. A zona Vigo centro e Cabral e Lavadores son as parroquias que concentraron a meirande parte das actuacións, con 8, 7 e 5 parques infantís renovados ou creados en cada zona. Abel Caballero subliña que ao longo deste mandato todas as demandas dos veciños neste eido "foron ou serán atendidas" co fin de facer de Vigo "unha cidade para os pequenos".