Caballero anuncia que o Concello aforrará 240.000 euros anuais pola rescisión do aluguer do edificio Asefal
O alcalde de Vigo informou este mércores da rescisión desde 2011 do contrato de aluguer do coñecido como edificio Asefal, o que permitirá ao Concello aforrar 240.000 euros cada ano. A "política de austeridade" municipal exténdese tamén á Fundación ProVigo, que abandonará a súa actual sede na Alameda para instalarse no edificio municipal do Areal, cun aforro de 19.200 euros anuais.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe mércores a rescisión do contrato de aluguer municipal do chamado edificio Asefal desde 2011, o que suporá un aforro de 240.000 euros anuais para as arcas do Concello.
Segundo explicou Caballero, o Concello xa notificou esta decisión, adoptada dentro da "política de austeridade" que está a impulsar o Concello de Vigo. "Non imos seguir pagando por un edificio que non reúne as condicións suficientes que esixe o Concello", apuntou o primeiro edil.
O alcalde salientou o "aforro importantísimo" que representa a rescisión deste contrato e avanzou que a reubicación das entidades está "en estudo" e próximo ao peche. Actualmente operan na edificación sita na rúa Elduayen -en aluguer polo Concello desde 1999- a Fundación Carlos Casares, o Instituto de Estudios Vigueses e a Axencia Intermunicipal de Enerxía, xunto con oficinas da Mancomunidade de Vigo e da Xestión Catastral.
Fundación ProVigo
Afondando na "política de austeridade" municipal, o mandatario socialista avanzou que a Fundación ProVigo tamén deixará a súa sede alugada na Alameda para instalarse no edificio municipal do Areal, coñecido como o antigo Reitorado, cun aforro de 19.200 euros anuais.
Descargar todas as imaxes