xoves, 1 xul 2010
O Concello destinou 600.000 euros a este programa promovido pola concellería de Promoción Económica e Emprego a través do cal os beneficiarios recibiron formación en albanelería, carpintería metálica e PVC e xardinería. As actuacións abarcaron unhas 100 obras xa rematadas ou en estado de execución.
xoves, 1 xul 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este este xoves a nova publicación que recolle fotografías do Arquivo Pacheco, que leva por título "Mulleres". Segundo o nacionalista, a edición desta obra amosa o compromiso pola recuperación e posta en valor deste arquivo como parte dos "tesouros artísticos máis importantes da cidade".
xoves, 1 xul 2010
O alcalde de Vigo e presidente do Eixo Atlántico informou este xoves que reunirá ao Comité Executivo da entidade o vindeiro 16 de xullo para estudar o plantexamento do goberno portugués de cobrar nas autoestradas do norte de Portugal. Caballero agarda adoptar unha posición común contraria á proposta do país luso e cualificou de "intolerable" "penalizar aos vigueses nas súas viaxes a Portugal".
xoves, 1 xul 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, explicou este xoves que o vindeiro luns 5 de xullo comezará o programa gratuíto de actividades interxeneracionais ao aire libre en sete espazos de Vigo, que se desenvolverán de 10.30 a 11.30 horas. A concelleira nacionalista destacou que está destinado especialmente ás persoas maiores cos seus netos e netas, pero que toda a cidadanía que o desexe poden participar "sen necesidade de inscrición previa".
xoves, 1 xul 2010
A exposición enmárcase dentro da convocatoria Mostrarte que se desenvolve neste espazo dende hai dous anos para promocionar a artistas vigueses ou vencellados a nosa cidade. O pintor fai un percorrido por unha natureza "sutilmente elaborada"
xoves, 1 xul 2010
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, anunciou este xoves que Vigo acollerá o primeiro Festival Internacional de Curtametraxes "Curtopía" do 12 ao 26 de novembro. O prazo de inscrición e envío de películas estará aberto ata o 15 de setembro. Na presentación do certame, no que tamén participou o representante da asociación Abertal Alfonso Vázquez, a edil do BNG destacou que esta iniciativa quere dar a oportunidade aos rapaces e rapazas para que desenvolvan a súa creatividade no eido audiovisual.
xoves, 1 xul 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este xoves a oitava edición do programa de competicións deportivas de verán Vigoarea, que se desenvolverán entre o 3 e o 25 de xullo na praia de Samil. Volei praia, foot voley, fútbol praia, balonmán praia, tenis praia e cachibol son os deportes que inclúe a programación, que segundo asegurou o concelleiro nacionalista "será todo un éxito".
xoves, 1 xul 2010
O alcalde, Abel Caballero, recordou este xoves que mañá dará comezo a nova ruta marítima xacobea na que unhas 15 embarcacións partirán a Viana do Castelo, onde dará comezo o percorrido. O próximo domingo chegarán a Bouzas, dando así "luz verde a un novo camiño marítimo moi novidoso". Esta nova ruta pasa por Vigo camiño de Vilagarcía e Santiago, a ruta orixinaria do apóstolo á súa chegada nun barco de pedra a Compostela.