Abel Caballero inaugura a mostra do artista vigués Carlos Fernández no espazo da Alcaldía
A exposición enmárcase dentro da convocatoria Mostrarte que se desenvolve neste espazo dende hai dous anos para promocionar a artistas vigueses ou vencellados a nosa cidade. O pintor fai un percorrido por unha natureza "sutilmente elaborada"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou hoxe a mostra do artista vigués Carlos Fernández Iglesias enmárcada dentro da convocatoria "MOSTRARTE" que se desenvolve no espazo da Alcaldía de Vigo para promocionar as obras de artistas vigueses ou vencellados á cidade.
Carlos Fernández realiza nela un percorrido por diversos recunchos da cidade coma a illa de Toralla, a praia de Coruxo, o clube náutico de Vigo... a través dunha paleta sinxela na que destaca a naturalidade e o equilibrio. Tal e como destaca o profesor Francisco Pablos, da Real Academia de Belas Artes, "hai que exercitar a memoria e obrigala a cambiar e reter cromatismos cambiantes, de fugacidade sorprendente e onde nos deu esa verdade perdurable dunha natureza reinventada, sutilmente elaborada...".
O alcalde de Vigo trasmitiulle ao pintor a súa satisfacción por ter no espazo do Concello a súa obra que definiu coma "unha forma diferente de ver o mundo, a cidade, baixo a ótica da xenialidade".
Nos seus inicios o paisaxista recibiu clases de debuxo do prestixioso mestre Carlos Sobrino en Vigo, cidade ónde despóis desenvolvería a súa labor coma pintor de visións líricas do entorno. O cronista Lalo Vázquez Gil destaca do pintor que "chega coa súa obra ao espectador cunha franca e aberta honradez insólita, porque él é así, sinceiro".
Polo ciclo "MOSTRARTE", que ven desenvolvéndose na Alcaldía viguesa dende hai dous anos pasaron xa artistas como A. Quesada, X. Pousa, Abreu Bastos, Solveira... e outros artistas de recoñecido prestixio que están íntimamente vencellados a cidade.
Descargar todas as imaxes