Caballero convocou ao Eixo Atlántico para adoptar unha posición común contra o peaxe das autovías do norte de Portugal
O alcalde de Vigo e presidente do Eixo Atlántico informou este xoves que reunirá ao Comité Executivo da entidade o vindeiro 16 de xullo para estudar o plantexamento do goberno portugués de cobrar nas autoestradas do norte de Portugal. Caballero agarda adoptar unha posición común contraria á proposta do país luso e cualificou de "intolerable" "penalizar aos vigueses nas súas viaxes a Portugal".
O alcalde de Vigo e presidente do Eixo Atlántico, Abel Caballero, convocou para o 16 de xullo ao Comité Executivo da entidade para intentar adoptar unha posición unánime contra o peaxe nas autovías do norte de Portugal.
Abel Caballero definíu hoxe xoves como "desequilibrado e perxudicial para a Eurorrexión" Galicia-Norte de Portugal a instauración desta taxa que "dificulta de forma notable a libre circulación de persoas e mercancías".
"Non é de recibo", apuntou o socialista, que existan peaxes nas autovías do norte de Portugal e non nas de Galicia, o que supón na práctica "penalizar aos vigueses nas súas viaxes" ao país veciño, o que non sucedería ao contrario. Caballero cualificou de "intolerable" esta opción e como presidente do Eixo Atlántico trasladará ao goberno portugués o acordo acadado na próxima reunión do Comité Executivo.
Descargar todas as imaxes