O Pleno acorda demandar á Xunta e ao Estado gravar máis aos que superen os 80.000 euros de ingresos
Os votos favorables do PSOE e BNG, coa oposición do PP, respaldaron a enmenda presentada conxuntamente no Pleno da Corporación celebrado este luns, acordo que solicita refornas no IRPF estatal e autonómico, unha taxa para as grandes fortunas e sobre o patrimonio e unha novo sistema de financiamento local.
O Pleno da Corporación Municipal celebrado este luns acordou instar aos gobernos estatal e autonómico a adopción de medidas fiscais máis progresivas nas que tributen máis os que gañen máis de 80.000 euros.
Coa oposición do PP, que presentara unha moción inicial para retirar a subida do IVE, os socialistas e nacionalistas sacaron adiante o texto que solicita ao Goberno de España e á Xunta de Galicia a revisar as súas políticas fiscais incluíndo unha taxa sobre as grandes fortunas e sobre o patrimonio e a reforma progresiva do IRPF de ambas administracións.
Nun segundo punto, a Corporación decidíu igualmente instar á Xunta de Galicia a que demande do Goberno de España un novo modelo de financiamento local, de xeito que se modifique o actual sistema de participación nos ingresos do Estado tendo en conta o maior custo dos servizos en Galicia pola dispersión poboacional, a superficie territorioa e o envellecemento da poboación.
Descargar todas as imaxes