martes, 29 nov 2005
A Xunta de Goberno Local decidiu conceder subvencións por un importe total de 150.000 euros a setenta e tres entidades privadas sen ánimo de lucro de Vigo para o financiamento das actuacións de mellora das súas infraestructura e equipamentos desenvoltas en 2005.
xoves, 24 nov 2005
A Xunta de Goberno Local mantivo hoxe xoves unha reunión extraordinaria e urxente. Entre os proxectos que aprobou están o de construción dunha piscina cuberta en Valadares e o de rehabilitación do estanque e do muro de peche do xardín histórico do Pazo Museo Quiñones de León.
mércores, 23 nov 2005
A construcción dunha piscina en Valadares e a contratación de varios proxectos de obras son, entre outros, os temas que tratará a Xunta de Goberno Local na reunión extraordinaria e urxente que celebra o xoves, día 24,ás 9:45 h
luns, 21 nov 2005
Os peóns e oficiais beneficiarios do Programa BIAL (Brigadas de Inserción e Actuación Local) continúan a realizar traballos demandados por varios departamentos municipais. A Xunta de Goberno aprobou hoxe luns as actuacións que deberán iniciarse durante o presente mes de novembro.
luns, 14 nov 2005
A concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Lucía Molares, deu conta hoxe luns da subvención concedida pola Consellería de Traballo para o programa Escola Obradoiro "Mar de Vigo III". A axuda é de cerca de 614.000 euros.
venres, 11 nov 2005
A Xunta de Goberno Local reunese o luns, en sesión ordinaria, á partir das 8.30 horas, e entre outros asuntos incluese un convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a A.V.C.D. Monte da Mina de Castrelos para a creación de Viveiro de Asociacións , asi como a adxudicación das obras de reparación e impermeabilización da Praza pública "Alba Plena" en Avda. das Camelias.
luns, 7 nov 2005
O concelleiro-delegado da Área de Asuntos Sociais, Ignacio López-Chaves, anunciou hoxe luns a aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, do expediente de contratación dos servizos de bibliotecas públicas de proximidade do Concello de Vigo.
venres, 4 nov 2005
Asuntos para incluir na sesión ordinaria de Xunta de Goberno Local do 7 de novembro.
luns, 31 out 2005
36 entidades e asociacións sen ánimo de lucro da cidade recibirán un total de 75.000 euros de subvención para o desenvolvemento e mantemento de programas de servizos socias, segundo acordo a Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria celebrada o luns.
venres, 28 out 2005
Asuntos para incluir na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 31 de outubro de 2005.