Acordos da Xunta de Goberno Local
O comedor da Esperanza, da Fundación Casa de Caridade de Vigo, recibirá unha subvención do Concello de 6.000 euros en concepto de axuda para a contratación de persoal para o comedor. O concepto desta subvención ,por razóns humanitarias e sociais, ben motivado a que a Fundación ven desenvolvendo as súas actividades na nosa cidade na cobertura das primeiras necesidades de carácter social.
A Xunta de Goberno autorizou , na sesión que celebrou na mañá do luns, un gasto de 30.000 euros a favor da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) para atender as previsións de pagamentos en concepto de dereitos de autor derivados da programación do departamento de Cultura da concellería de Asuntos Sociais para o ano 2006.
Outro dos temas aprobados pola Xunta de Goberno é a revisión de tarifas no aparcamento da rúa Urzaiz, adxudicado á entidade UTE "Eloymar y Tranvías Eléctricos de Vigo" quedando na cantidade de 1,30 euros cada hora ou fracción.
Acordouse tamén aprobar o proxecto de saneamento na zona de Baixada a Ríos e a imposición forzosa de servidume , xa que para a execución do colector necesitase ocupar obrigatoriamente terreos de propiedade particular. O proxecto de saneamento ten un presuposto de execución de 50.191 euros e ten como obxecto efectuar o saneamento das vivendas situadas entre os números 18 ao 34 da Baixada a Ríos, que na actualidade carece do servizo. Esta situación resolverase coa construcción do colector que acometa o existente no camiño Caxide.