venres, 10 mar 2006
O Goberno local decidiu hoxe venres nunha xunta extraordinaria asumir a xestión directa do Mercado Municipal do Progreso. Onte á tarde Unión Fenosa cortou o subministro eléctrico ao mercado e hoxe venres Aqualia ordenou o corte do de auga, por falta de pagamento.
luns, 6 mar 2006
A Xunta de Goberno Local confirmou hoxe luns a decisión adoptada pola Mesa de Contratación e adxudicou o contrato para a construción e explotación do Auditorio-Pazo de Congresos ao grupo de empresas liderado por Caixanova.
luns, 6 mar 2006
Na súa reunión de hoxe luns, a Xunta de Goberno Local adxudicou á empresa Eulen o concurso para a prestación de servizos nas chamadas bibliotecas públicas de proximidade, por 96.400 euros. Este contrato finalizará o 31 de agosto de 2007.
venres, 3 mar 2006
Asuntos que tratará a Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria que celebra o luns día 6 de marzo, ás 8.30 horas.
luns, 27 feb 2006
O comedor da Esperanza, da Fundación Casa de Caridade de Vigo, recibirá unha subvención do Concello de 6.000 euros en concepto de axuda para a contratación de persoal para o comedor. O concepto desta subvención ,por razóns humanitarias e sociais, ben motivado a que a Fundación ven desenvolvendo as súas actividades na nosa cidade na cobertura das primeiras necesidades de carácter social.
venres, 24 feb 2006
Ao remate do pleno celebrará sesión ordinaria a Xunta de Goberno Local cos seguintes asuntos na orde do día:
luns, 20 feb 2006
José Manuel Figueroa asegurou hoxe luns que o Goberno municipal, do que é portavoz, ten "vía libre para facer a contratación do Pazo de Congresos". Segundo Figueroa, o próximo luns como moi tarde convocarase a Mesa de Contratación que deberá tomar unha decisión para que a Xunta de Goberno resolva posteriormente.
venres, 17 feb 2006
Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 20 de febreiro de 2006, ás 8:00 en 1ª convocatoria e ás 9:00 en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación.<br />
<br />
luns, 13 feb 2006
O Concello asinará un convenio de colaboración coa Asociación Noescafé-Teatro para a organización do Festival Alternativo de Teatro e Danza "ATL’06" que se celebrará nas dúas primeiras semanas do mes de marzo, segundo aprobou na sesión ordinaria celebrada o luns a Xunta de Goberno Local.