Xunta de Goberno Local
A Xunta de Goberno dá luz verde á equidistribución da Unidade de Actuación "Pobo Galego"
luns, 26 dec 2005A Xunta de Goberno Local aprobou definitivamente varios proxectos urbanísticos: os de equidistribución e cambio de sistema das Unidades de Actuación "Pobo Galego" e Aragón-Travesía de Vigo, o de compensación de San Andrés de Comesaña e o do equidistribución do polígono 4 do PERI San Roque-A.
A Xunta de Goberno aproba unha axuda de 120.000 euros para rehabilitar fachadas no Casco Vello
luns, 19 dec 2005A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns un proxecto de convenio de colaboración entre o Concello e o Consorcio do Casco Vello para a rehabilitación de fachadas e cubertas nesa zona da cidade. O Concello financiará este programa cunha achega de 120.000 euros.
Xunta de Goberno Local
venres, 16 dec 2005A Xunta de Goberno Local realizará unha sesión ordinaria na súa Sala o luns 19 de decembro de 2005, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 8,30 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación.
Corina Porro ordena accións legais para conseguir un Xulgado do Mercantil
mércores, 14 dec 2005A alcaldesa, Corina Porro, ordenoulle aos servizos xurídicos do Concello a interposición do recurso contencioso-administrativo contra o Real Decreto 119/05 de 10 de outubro do Ministerio de Xustiza polo cal se crea e constitúe o Xulgado do Mercantil nº 2 de Pontevedra.
Acordada a cesión do edificio Cambón para a sede do Parque Nacional Illas Atlánticas
venres, 9 dec 2005O edificio Cambón albergará a sede do organismo autónomo Parque Nacional Illas Atlánticas , segundo acordou a Xunta de Goberno Local na sesión extraordinaria celebrada o venres.
A Xunta de Goberno acorda destinar 274.000 euros anuais á reparación do buque Bernardo Alfageme
xoves, 1 dec 2005A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe xoves con carácter extraordinario, decidiu destinar 274.000 euros cada ano aos gastos de reparación do buque Bernardo Alfageme. Ademais, resultou autorizado un gasto de 57.000 euros para a posta en funcionamento dun sistema remoto de almacenamento en rede para ampliar o sistema informático do Concello.