Escoitar

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar o proxecto de mellora do tramo urbano da rede de estradas do Estado no termo municipal de Vigo (avda. Aeroporto N-556 e primeiro cinto) e a solicitude á consellería de Innovación e Industria de subvención para o proxecto de rexeneración do areal do Vao. A Xunta celebra sesión ordinaria o mércores día 19 ás 8:30 horas.

martes, 18 abr 2006
Orde do día:

BENESTAR SOCIAL
1.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta expte. 23/1127, 11/1266, 11/1089.

2.- Bases da convocatoria de subvencións a entidades e asociacións sen ánimo de lucro para programas de mantemento e actividades de persoas maiores. Expte. 13403/301.

3.- Bases da convocatoria de subvencións a entidades e asociacións sen ánimo de lucro para o desenvolvemento e mantemento de programas de servizos sociais. Expte. 13404/301.

4.- Axudas municipais escolares de libros e comedor para o curso 2005/2006 – Modalidade de excepción. Expte. 13422/301.

CULTURA
5.- Solicitude de préstamo da obra "Terraza ó mar" de Arturo Souto para exposición no Palacio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela. Expte. 2018/337.

DEPORTES
6.- Solicitude de autorización do Club Ciclista Ría de Vigo para realizar a proba ciclista "2º Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive" o día 9.04.06 por diversas rúas da cidade. Expte. 6052/333.

7.- Solicitude de autorización da A.VV. Emilio Crespo de San Paio de Navia para a organización da "I Marcha Ciclista a Navia" o día 23.04.06 por diversas rúas da cidade. Expte. 6079/333.

8.- Solicitude de autorización de Produçao de Actividades Deportivas para organizar a 1ª etapa do "Grande Premio Paredes Rota dos Móveis" o día 22.04.06 por diversas rúas da cidade. Expte. 6107/333.

9.- Solicitude de autorización do ANPA Bene Vivere e o Claustro de profesores do CEIP Mosteiro Bembrive para organizar o "XXVII Cross Escolar Mosteiro Bembrive" o día 23.04.06. Expte. 6108/333.

MEDIOAMBIENTE
10.- Solicitude á Consellería de Innovación e Industria de subvención para o proxecto de rexeneración do areal do Vao. Expte. 3731/306.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
11.- Proxecto de ordenanza municipal reguladora da ocupación do dominio público coa instalación de quioscos. Expte. 17673/240.

12.- Prego de cláusulas administrativas e técnicas que rexerá a concesión administrativa para o uso privativo de bens de dominio público mediante a instalación de quioscos. Expte. 17395/240.

URBANISMO
13.- Aprobación técnica do "Proxecto de obras de mellora do tramo urbano da rede de estradas do Estado no termo municipal de Vigo" (avda. Aeroporto N-556 e primeiro cinto). Expte. 4674/401.

VIAS E OBRAS
14.- Separata nº 1 do Proxecto de saneamento das parroquías de Bembrive, San Andrés de Comesaña, Coruxo e Saiáns. Expte. 48777/250.

15.- Separata nº 2 do Proxecto de saneamento das parroquías de Bembrive, San Andrés de Comesaña, Coruxo e Saiáns. Expte. 48778/250.

16.- Contratación da asistencia técnica ao Servizo de Vías e Obras para o seguimento e control de calidade das obras do Proxecto de saneamento da parroquia de Zamáns. Expte. 48156/250.