O Pleno debaterá o próximo luns a modificación de crédito para o Plan Parroquias
O Goberno local proporá ao Pleno do próximo luns, 24 de abril, unha modificación de crédito para levar a cabo o Plan Parroquias. Este proxecto prevé investimentos por valor de 43 millóns de euros nun prazo de dous anos en todas as parroquias viguesas.
A proposta de modificación de crédito foi o único punto da orde do día da Xunta de Voceiros que tivo lugar na mañá de hoxe luns no Concello. Tras a reunión, o portavoz do Goberno local, José Manuel Figueroa, salientou a importancia dun "plan demandado polos veciños que será vital para o desenvolvemento das parroquias". Preguntado pola disposición de voto dos outros grupos, o primeiro tenente de alcalde dixo que estes non se pronunciaran ao respecto.
O obxectivo fundamental do Plan do Goberno é a humanización das parroquias. Así, o proxecto contempla melloras en beirarrúas, asfaltado, zonas verdes, abastecemento, saneamento e centros culturais, entre outras accións. A alcaldesa, Corina Porro, ten asegurado que "o Concello ten diñeiro", polo que estas actuacións non supoñen "ningún risco para as arcas municipais".
Balaídos
Fóra da orde do día, a Xunta de Voceiros fixou para este xoves, ás 8:30, a reunión da Comisión de Seguimento do Estadio Municipal de Balaídos. Neste encontro, os grupos políticos definirán o seus posicionamentos e as súas propostas en relación a esta infraestrutura, co obxectivo de comezar a estudalas.