Exposición pública do padrón do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica 2006
<br /> <br />
Segundo a publicación no BOP núm. 68 de data 6 de abril de 2006, estará en exposición pública o padrón do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2006, ata o 21 de abril inclusive, na oficina do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica do Concello, a excepción dos sábados que estará en exposición no Rexistro Xeral, en horario de 9 a 13 horas.
As persoas interesadas poderán consulta-lo dito padrón e interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó de finalización do período voluntario de pago ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo anterior, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 57/2003 das medidas para a modernización do goberno local.