Vigo celebrará o Día Internacional da Danza con actuacións e clases na rúa
O sábado 29 e o domingo 30 de abril Vigo sumarase á celebración do Día Internacional da Danza cun programa de actuacións, mostras coreográficas e clases na rúa, coas que a Asociación Galega de Profesionais da Danza quere difundir esta arte entre a sociedade.
O Departamento de Cultura do Concello de Vigo colabora nesta tarefa a través dun convenio que será asinado nos próximos días e polo cal se compromete a achegar 15.300 euros para a realización do programa organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Danza.
Este programa comezará o sábado 29, ás 12:00, coas actuacións rotativas de catro compañías profesionais no Calvario, Montero Ríos (xunto ao Real Club Náutico) e Príncipe. As catro compañías seleccionadas son "Maruxa Salas", de danza española e con sede en Madrid; "Druída", radicada na Coruña e dedicada á danza contemporánea; "Esther Carrasco", compañía madrileña de danza española; e "Disque Danza", que actúa no campo da danza-teatro.
Xa pola tarde, ás 17:00, terá lugar xunto á farola da rúa Príncipe a lectura do manifesto e mensaxe do Día Internacional da Danza, despois da cal, ás 17:15, iniciarase unha clase de ballet para alumnos e alumnas de escolas e conservatorios de danza de Galicia. A clase seguirá o esquema tradicional, con exercicios na barra, centro e diagonais.
Os nenos e mozos que participen na clase de ballet uniranse a outros alumnos e alumnas de danza de Galicia ata sumar máis de 200, para ofreceren, a partir das 18:00, unha mostra coreográfica no mesmo lugar. O público poderá asistir a exhibicións de diversos estilos, como son a danza clásica, neoclásica, española, galega, a danza do ventre e o hip-hop.
O programa do sábado finalizará cunha breve mostra coreográfica das catro compañías profesionais participantes na celebración, a partir das 19:00, tamén na rúa Príncipe.
O domingo, 30 de abril, 90 alumnos e alumnas das escolas de danza de Galicia participarán, en grupos de 30, en tres talleres impartidos por tres profesionais. Así, na lonxa do Concello desenvolveranse os talleres de danza creativa e maquillaxe escénica, mentres que no Auditorio Municipal terá lugar o de vídeo-danza. Os grupos de alumnos irán rotando ata participaren en cada un dos tres talleres, en sesións de hora e media que comezarán ás 10:00, 12:00 e 16:30. A organización fai notar que o público pode asistir como espectador a estes talleres, pero non participar neles.
Demandas
Na actualidade, as diferentes escolas de danza da provincia de Pontevedra contan con máis de 2.000 alumnos e alumnas. A presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Danza, Begoña Acuña, engade que en Galicia "hai bos alumnos e profesionais", pero lamenta a "falta de espectáculos" e pide máis apoio para esta arte.
Neste sentido, Begoña Acuña recorda que a Asociación que preside demanda a creación dun conservatorio público de danza en Vigo, centro que a alcadesa, Corina Porro, ten solicitado á Xunta de Galicia. Deste xeito, segundo Acuña, non só se aseguraría a formación elemental e media do alumnado de danza, senón que se prepararía o terreno de cara á implantación dun ciclo superior na nosa cidade.
Descargar todas as imaxes