Escoitar

O Concello solicítalle á Xunta subvencións para financiar os seus servizos sociais

A Xunta de Goberno Local decidiu hoxe luns solicitarlle á Xunta de Galicia subvencións para o financiamento de programas e investimentos destinados á prestación de servizos sociais, por un importe de 470.000 euros.

luns, 3 abr 2006
1144072197xunta030406.jpg
Desta cantidade, 127.000 euros serían para o Departamento da Muller; 201.000, para a Casa de Acollida e o piso tutelado para mulleres maltratadas; 86.000, para o Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia (SADI); 44.000, para o Plan Municipal contra a Violencia de Xénero; e 12.000, para bolsas de axuda económica para a saída das mulleres da Casa de Acollida.

Ademais, a Xunta de Goberno autorizou un gasto de 30.000 euros para a prestación do servizo de prevención alleo na especialidade de vixilancia da saúde. Outro acordo adoptado hoxe luns é o de modificar o contrato dos servizos de apoio á Unidade Asistencial a Drogodependentes CEDRO, aumentando a prestación do servizo en quenda de tarde, para o cal a empresa contratará un enfermeiro.
Descargar todas as imaxes